Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Xove adica mais de 29 mil euros a xudas para limpeza de montes

Nota de Prensa

ENTREGA DAS AXUDAS PARA LIMPEZA DE MONTES EN XOVE

Na Xunta de Goberno celebrada o pasado 1 de outubro foron aprobadas as AXUDAS PARA LIMPEZA DE MONTES; un total 220 solicitantes van recibir axudas por un importe de 29.675 €uros.

O prazo para solicitar estas axudas xa rematara o 2 de abril, procedéndose despois por parte do Concello a revisión dos montes co fin de comprobar que estes estiveran realmente limpos.

A entrega destas axudas, que vai estar presidida polo Alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado da Concelleira Dolores Meitín, vai ter lugar o vindeiro MÉRCORES 13 DE OUTUBRO ÁS 11:00 HORAS NO SALÓN DE ACTOS DO CENTRO CÍVICO DE XOVE.

Exit mobile version