Site icon Crónica3.com A Mariña

O imposto sobre vehículos de tracción mecánica subirá un 3% en Burela e recibo da auga un 1’8%

Nota de Prensa

O IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA SUBIRÁ UN 3% EN BURELA NO 2011, PERO SEGUIRÁ A SER UN DOS MÁIS BAIXOS DA ZONA, SEGUNDO O ALCALDE. O RECIBO DA AUGA INCREMENTARASE NO 1’8% E O RESTO DAS TAXAS SEGUIRÁN IGUAL.

Burela, 22 de outubro de 2010. O pleno ordinario que se celebrará o vindeiro xoves 28 de outubro no Concello de Burela aprobará a actualización das taxas para o 2011. O imposto de vehículos de tracción mecánica incrementarase nun 3% e o recibo da auga preto do 1’8%. Os bureleses pagarán o mesmo prácticamente polo IBI que neste 2010, segundo anunciaba hoxe o alcalde.

Alfredo Llano sinalou que nesa sesión “se desestimarán as alegacións presentadas polas empresas de telefonía móvil contra a ordenanza fiscal polo aproveitamento do dominio público local. Nós queremos cobrarlles un canon e moi hábilmente plantexaron unha serie de alegacións que non nos benefician en nada, de aí que vaiamos rexeitalas”. O rexedor manifestou que no pleno tamén “se aprobará inicialmente as modificacións das ordenanzas fiscais do IBI, do imposto sobre vehículos de tracción mecánica e da distribución da auga e sumidoiros. No caso do IBI, os veciños de Burela pagarán no 2011 prácticamente o mesmo que neste ano a pesares das actualizacións do valor catastral que comenzaron a efectuarse no ano 2006. O tipo de gravame aplicado ese ano foi do 0’55, no 2010 foi do 0’45 e para o 2011 será do 0’42”.

O imposto sobre vehículos de tracción mecánica subirá un 3% o vindeiro ano “porque a nosa taxa de aplicación é unha das máis baixas da Mariña, incluso despois deste incremento seguiremos co imposto máis reducido nos concellos de máis de 5.000 habitantes. Temos unha taxa baixísima, por iso a subiremos nesta pequena porcentaxe que prácticamente non significará nada para os cidadáns”.

Alfredo Llano tamén explicou que o recibo da auga subirá o 1’8% “por lei esta taxa tería que incrementarse na mesma porcentaxe que o IPC interanual que foi do 2’1% de setembro a setembro e nós só aplicamos o 1’8%. O resto das taxas e impostos municipais seguirán tal e como estaban”.

Exit mobile version