Site icon Crónica3.com A Mariña

O Plano do litoral nen prohibe nen, na práctica, tampouco ordena, explica Adega

Nota de Prensa
ADEGA – Plano do litoral: cando a excepción é a regra, non hai regras!

Plano do Litoral: cando a excepción é a regra, non hai regras!
18 de outubro de 2010. O POL, que a Xunta ten previsto aprobar antes de fin de ano, presenta tal cúmulo de indeterminacións, excepcións a arbitrariedades, que na práctica é coma se non existise. De entrada, os proxectos sectoriais vixentes (acuícola, eólico, portos deportivos, polígonos industriais, MOVE…) quedan fóra do POL. E os que se aproben en diante poderían ser obxecto de excepción a criterio da Xunta (p. ex. o proxecto sectorial para legalizar as urbanizacións de Barreiros, agora a exposición pública). O POL non existe para Pescanova, Stolt, Iberdrola, Fenosa, etc. pero sí para os concellos… anque novamente con excepcións: de entrada, aos chans urbanos consolidados e de núcleo rural non lles afecta o POL; e aos solos urbanizábeis (Barreiros) e urbanos non consolidados con ordeamento detallado (p. ex. algúns grandes polígonos en Sanxenxo), tampouco. E polo que respeita aos terreos afectados polo POL, dentro da categoría de “mellora ambiental” permítense excepcionalmente asentamentos fundacionais, desenvolvementos periféricos, asentamentos funcionais e agregados urbanos. Dixera Feijóo que o POL non viña a proibir senón a ordenar. Pois ben, á vista do documento, o POL nen proíbe, nen na práctica tampouco ordena

Exit mobile version