Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP asegura que o Pol non afecta a solos urbanos consolidados nin a núcleos rurais nin a ningún inmoble individualmente

Nota de prensa

O portavoz do Grupo Parlamentario Popular informou en rolda de prensa da xuntanza mantida co director xeral de Sostibilidade e Paisaxe da Xunta e lamentou que o BNG afirme “unha cousa en Ribeira e a contraria en Santiago”, xerando “alarmas gratuítas en base a falsidades”

RUÍZ RIVAS ASEGURA QUE O POL NON AFECTA A SOLOS URBANOS CONSOLIDADOS NIN A NÚCLEOS RURAIS NIN A NINGÚN INMOBLE INDIVIDUALMENTE E PERMITE AMPLIACIÓNS E ACTUACIÓNS DE CONSERVACIÓN DENTRO DO QUE DETERMINE O PLAN XERAL DE ORDENACIÓN URBANA

* O deputado salienta que o Plan establece unha serie de principios a cumprir nas ampliacións de núcleos en diversos solos clasificados como de mellora paisaxística e lembrou, nese sentido, que esas ampliacións son posibles “gracias á reforma de 2010”.

* Na súa reunión cos responsables da Xunta, Ruíz Rivas solicitou que se rebaixen no POL corredores ecolóxicos como os situados en Xaíñas e en Rosende.

Santiago, 4 de outubro de 2010.- O portavoz do Grupo Parlamentario Popular, Manuel Ruíz Rivas, asegurou hoxe en Ribeira que o Plan de Ordenación do Litoral (POL) non afecta a solos urbanos consolidados ni na núcleos rurais nin a ningún inmueble individualmente e permite ampliacións e actuacións de conservación dentro do que determine ao efecto o Plan Xeral de Ordenación Urbana do concello. Ruíz Rivas saíu ao paso dalgunhas “mentiras claras” que os nacionalistas están a difundir en Ribeira en relación co POL e informou en rolda de prensa da xuntanza mantida co director xeral de Sostibilidade e Paisaxe da Xunta e técnicos do seu departamento, co fin de clarificar aspectos da norma e plantexar suxestións ao respecto.

Ruíz Rivas lamentou que o BNG afirme “unha cousa en Ribeira e a contraria en Santiago”, xerando “alarmas gratuítas en base a falsidades” sobre o obxecto e as consecuencias do POL. Así, acusou aos nacionalistas de moverse “na contradición permanente”, xa que “no Parlamento critican o POL porque o consideran demasiado permisivo e cun baixo nivel de protección ao tempo que nos municipios da costa afirman todo o contrario”.

Na citada xuntanza, “quedou claro que ningunha vivenda queda fóra de ordenación, polo que son posibles as actuacións de ampliación ou conservación no determinado polos respectivos PXOM, neste caso, polo de Ribeira”.

AMPLIACIÓNS DE NÚCLEOS CARA O PARQUE

Igualmente, o deputado salientou que o Plan establece unha serie de principios a cumprir nas ampliacións de núcleos en diversos solos clasificados como de mellora paisaxística e lembrou, nese sentido, que esas ampliacións son posibles “gracias á reforma de 2010”. Antes da dita reforma, “era imposible ese tipo de ampliacións”, apuntou Ruíz Rivas, quen indicou que o que fai o POL é determinar unhas áreas especiais de conservación cara as que “non parecería o máis aconsellable ampliar núcleos se todos estamos de acordo na delimitación desas zonas especiais de mellora para acadar os obxectivos de sostibilidade buscados”.

Doutra banda, na súa reunión cos responsables da Xunta, Ruíz Rivas solicitou que se rebaixen no POL corredores ecolóxicos como os situados en Xaíñas e en Rosende.

Exit mobile version