Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela di que os presupostos do actual goberno da Xunta para o hospital son millonarios que os do anterior

Nota de Prensa

ROLDA DE PRENSA DO PP DE BURELA

O GMPP: “os presupostos da Xunta para 2011 para o Hospital, millores cós da Xunta bipartita”.

Os populares afirman: “o único investimento que fixo o bipartito no Hospital foi a marquesina da resonancia itinerante”.

O GMPP considera que o alcalde de Burela minteu cando afirmou que a Xunta bipartita investiría sete millóns de euros no Hospital.

O Grupo Municipal do Partido Popular (GMPP) de Burela asegurou hoxe en rolda de prensa que os presupostos da Xunta para 2011 no que se refire ó Hospital son sobradamente millores cós da Xunta bipartita no seu conxunto, porque o bipartito non foi capaz de executar nin un só euro do que presupostaron, e a única obra que fixeron foi a marquesina da resonancia móvil, o que demostra a incapacidade dos socialistas e dos nacionalistas e a súa capacidade de engano ós cidadáns.

Os populares lembran que a propia Xunta bipartita recoñecía  en marzo de 2008 que o grao de execución presupostaria a 31 de decembro de 2007 “tiña unha execución orzamentaria do 0%”. Abundando no tema, afirman que tampouco foron capaces de executar nin un só euro do millón de euros que tiñan presupostado para 2008. A conclusión é ben sinxela, non foron capaces de facer nada, e tén que ser o PP quen acometa a realización das obras de xinecoloxía, da rampa, da sala de espera para a resonancia, e do cambio do teito do hospital. Nin tan siquera fixeron o tan cacareado plan director: deixaron un plan funcional de, exactamente, dúas follas. O que non foi capaz de facer a Xunta bipartita, vaino facer a Xunta de Núñez Feijoo.

Desde o GMPP tamén aseguran que o alcalde de Burela non se entera absolutamente de nada: se falara coa dirección do Hospital, sabería que desde o propio centro se enviou unha memoria para realizar unha serie de actuacións no hospital, que son o paso inicial da ampliación. Esas obras consisten na ampliación dos servicios xerais: ampliación do laboratório, ampliación de urxencias, ampliación de radioloxía. Pero como este home non fala con ninguén, así lle vai. Segue dando a murga co desmantelamento do hospital, algo que só está na súa imaxinación, porque nin el mesmo cré o que está a decir. E compre lembrar que foi o alcalde quen dixo, nun pleno do concello de Burela, que nos presupostos da Xunta para dous mil oito habería sete millóns de euros para o Hospital, o que demostra hasta onde é capaz de mentir este cabaleiro.

Por certo, hai que lembrarlle que era a Xunta bipartita quen queria desmantelar o hospital, facéndonos ir a Ferrol. Nos anos de convivencia dos bipartitos na Xunta e no concello, nunca, absolutamente nunca, vimos ó alcalde de Burela pedirlle nada ós seus compañeiros de partido o que demostra que minte cando fala da súa preocupación polo hospital. Ainda non foi capaz de falar nin unha soa vez co director do Hospital.

No que se refire ó acceso ó  porto, o alcalde volve de novo a mentir e enganar ós cidadáns. El mesmo dixo que a obra ía estar feita en setembro de dous mil oito; despois falou de principios de dous mil nove, e agora o único que di son bobadas. A Xunta bipartita non foi capaz a executar nada, poñía os cartos nos papeles pero non os gastaban. Agora, os presupostos da Xunta de Núñez Feijoo son a garantia de que o acceso ó porto se vai facer, e non será pola xestión do alcalde de Burela, que non fai nada de nada.

Finalmente, botamos em falla que o alcalde de Burela non aplique coa Deputación e co Goberno de Zapatero esa forza que usa contra a Xunta: para cando os arreglos na travesía municipal na zona de O Perdouro? Para cando o corredor Barreiros-San Cibrao, ou cando menos o seu trazado? Que di o alcalde de Burela deste dous temas? Nada.

Exit mobile version