Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Lugo “perplexo pola atrevemento do ministro de Fomento de inaugurar mañá dous tramos da A-8”

Nota de Prensa

Balseiro instou a Blanco a exercer “dunha vez” de lucense e a defender os intereses da provincia

* O secretario xeral dos populares lucenses cuestionou a “velocidade supersónica” da que presume o titular de Fomento, máxime si se ten presente que neste intre os tramos operativos da Autovía do Cantábrico representan tan só o 37% do trazado completo

* Na súa opinión, a palabra dos socialistas, e particularmente a de José Blanco, non vale nada porque nunca vai avalada por feitos e, por iso, retouno a nomear unha soa obra das moitas que prometeu ó longo da súa dilatada carreira política que se executara segundo o prazo comprometido

* A foto que busca Blanco mañá tenta agachar que o Goberno socialista vai reducir considerablemente o investimento na Autovía do Cantábrico

Lugo, a 8 de outubro de 2010.- O Partido Popular de Lugo amosouse perplexo pola atrevemento do ministro de Fomento de inaugurar mañá dous tramos da A-8, tres anos despois de que, segundo a programación inicial, “a realizada polo goberno de Aznar”, tivera que estar rematada toda a autovía.

O secretario xeral dos populares lucenses, José Manuel Balseiro, reprochoulle a José  Blanco os seus incumplimentos coa provincia de Lugo e que presuma de “da rapidez do coiote cando realmente avanza coma unha tartaruga”.

Neste sento, salientou que os 9,5 quilómetros que “previsiblemente” quedarán abertos ó tráfico de xeito inmediato supoñen o 11 por cento dos preto de 86 quilómetros cos que conta a Autovía do Cantábrico o seu paso pola provincia de Lugo, ós que, sumándolle os cinco tramos que están xa neste intre operativos (Baamonde-Vilalba e Ribadeo-Barreiros), representan só o 37 por cento do trazado completo desta estrada. “Cinco anos para construir os 3,5 quilómetros do tramo Castromaior-Touzas e oito para os seis quilómetros que separan Abadín de Castromaior”, engadiu.

Ante “semellante evidencia”, Balseiro cuestionou a “velocidade supersónica da que presume Blanco”, máxime si se ten presente que os 48,7 quilómetros dos tramos pendentes de execución estarán rematados no horizonte 2013-2014, porque segundo as previsións gubernamentais as partidas máis cuantiosas para os tramos Mondoñedo-Lindín e Lindín-Careira, por exemplo, retrasanse ó 2012. De feito, a rebaixa orzamentaria que experimentan ambos tramos nas partidas consignadas para o vindeiro ano supoñen máis de 64 millóns de euros con respecto ás previsión recollidas nos PXE de 2010.

RETRASO ACUMULADO

“O resumo da estelar programación do Sr. Blanco, da reprogramación e posterior repesca, é que os lucense poderemos circular pola Autovía do Cantábrico seis anos máis tarde do previsto si o referente é a previsión inicial de que estivera íntegramente rematada en 2008, e de dous anos si poñemos no punto de mira a que ata hai só uns meses era a suposición optimista do goberno de Rodríguez Zapatero”, explicou Balseiro.

Un umbral que, dada a tendencia do titular de Fomento a facer  cambios sustancias nas contas do seu ministerio cada dous meses, “a pescar e repescar”, teremos que ver aínda en que queda realmente, apuntillou.

“E menos mal”, ironizou o secretario xeral dos populares lucenses, “que esta autovía foi unha das obras indultadas por José Blanco e que ía converterse nunha das súas actuacións prioritarias por aquilo da vertebración do noroeste peninsular”.

Para o número dous dos populares lucenses a palabra dos socialistas, e particularmente a do ministro Blanco, non vale nada porque nunca vai avalada por feitos. Neste contexto, Balseiro retou ó titular de Fomento a que nombrara unha soa obra das moitas que prometeu ó longo da súa dilatada carreira política que se executara no tempo e forma que el comprometera.

Por elo, instou a José  Blanco a deixar de enganar os seus veciños e que “dunha vez” exerza de lucense e defenda os intereses desta a súa provincia.

Exit mobile version