Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE pregunta no Parlamento polo gasto de 1,8 millóns de euros nunha goleta na peor crise da Historia

Nota de prensa:
OS SOCIALISTAS PREGUNTAN POLA CONSTRUCCIÓN DUNHA GOLETA CUNHA INVERSIÓN DE MAIS DE 1,8 MILLONS DE EUROS, MENTRES GALICIA SOFRE A PEOR CRISE DA HISTORIA

-O deputado do PSdeG-PSOE Ismael Rego advirte que, nese concurso, supostamente aberto, incluíuse como condición que o barco debería ser construído no porto de San Cibrao, onde só existe un estaleiro de carpintería de Ribeira

Santiago , 19 de outubro de 2010. O deputado do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Ismael Rego rexistrou diversas iniciativas na Cámara Autonómica na que reclama explicacións pola construcción dunha Goleta cun investimentos de 1,8 millóns de euros, mentres Galicia sofre a peor crise da historia.

O deputado do PSdeG-PSOE sinala na iniciativa rexistrada que Portos de Galicia, neste momento de tanta austeridade, cando se recorta en políticas sociais, educación, sanidade, infraestructuras, etc., vén de anunciar a necesidade de construír unha goleta que suporá unha inversión aproximada de 1,8 millóns de euros para as arcas públicas, ademais duns custes posteriores de mantemento que non foron cuantificados polo Goberno galego.

Explica que Portos de Galicia, optou por convocar un concurso público, neste caso, aberto a calquera participante que quixera presentarse, para construír unha goleta. Pero advirte que, nese concurso, supostamente aberto, incluíuse como condición que o barco debería ser construído no porto de San Cibrao, onde só existe un estaleiro de carpintería de Ribeira.

Por todo isto os deputados e as deputadas do PSdeG-PSOE formulan as seguintes preguntas para o seu debate en Comisión:

1.A que estado de necesidade obxectiva responde o investimento de 1,8 millóns de euros nunha goleta en San Cibrao no concello de Cervo?

2.Que importe vai gastar Portos de Galicia na construcción de dita goleta?

3.Non atopou o Goberno galego necesidades máis acuciantes a cubrir para os cidadáns deste Concello e doutros do seu contorno con tal volume de recursos públicos?

4.E consciente o Goberno galego que este Concello non conta aínda na actualidade con ningún equipamento de atención para os maiores e que moitas familias do mesmo foron obrigadas a pagar os libros de texto no nome da austeridade suponse que da goleta?

5.Por que razón ten que ser construída no porto de San Cibrao?

6.A que estaleiro se lle adxudicou dita construcción?

7.Canto vai custar o mantemento anual da goleta?

Exit mobile version