Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE reclama no Parlamento que a Xunta dote a Foz dunha residencia para miores

Nota de prensa:
ISMAEL REGO RECLAMA NO PARLAMENTO QUE A XUNTA ADOPTE AS MEDIDAS PRECISAS PARA DOTAR AO CONCELLO DE FOZ DUNHA RESIDENCIA DE ATENCIÓN AOS MAIORES

– O deputado do PSdeG-PSOE Ismael Rego lembra que o concello de Foz ten manifestado en reiteradas ocasións a necesidade de contar cunha residencia de atención aos maiores

Burela , 12 de setembro de 2010. O deputado do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Ismael Rego anunciou hoxe que rexistrou unha Proposición na Cámara Autonómica para reclamar ao Goberno de Feijoo que adopte todas as medidas precisas para dotar ao concello de Foz dunha residencia de atención aos maiores.

O deputado do PSdeG-PSOE lembra na iniciativa rexistrada que o concello de Foz ten manifestado en reiteradas ocasións a necesidade de contar cunha residencia de atención aos maiores, que sexa acorde co actual estado de necesidade deste servizo para dar cobertura á demanda existente non só neste concello se non tamén no seu contorno comarcal.

Lembra ademais que a situación xeográfica deste concello nun punto central da comarca da Mariña luguesa, e as graves carencias na zona deste servizo, xunto coa dispoñibilidade do concello para colaborar coa Administración autonómica para garantir aos maiores tamén deste concello os servizos de atención que merecen segundo o seu estado de necesidade.

Exit mobile version