Site icon Crónica3.com A Mariña

O responsable de Turismo anuncia que o concello de Burela participará en Expogalaecia 2010 en Vigo

Nota de prensa

BURELA ESTARÁ  PRESENTE NA XIII EDICIÓN DE EXPOGALAECIA 2010 QUE SE CELEBRA EN VIGO DO 29 DE OUTUBRO AO 1 DE NOVEMBRO.

Burela, 26 de outubro de 2010. O Concello de Burela estará presente na décimo terceira edición do certame internacional de turismo, gastronomía e artesanía ExpoGalaecia  2010 que se celebra no recinto IFEVI de Vigo do 29 de outubro ao 1 de novembro.

O edil de Turismo, José  González Legazpi, sinalou que “o Concello de Burela estará presente un ano máis nun dos escaparates turísticos máis importantes de España que concentra a máis importante presenza de expositores de Portugal. Un evento que nesta edición segue a incrementar o seu posicionamento como xa o fixera na pasada en algo máis dun 5, segundo a organización, cunha representación que supera as 500 institucións e Concellos e no que se atoparán máis de 250 expositores, estimándose unha presenza de máis de 60.000 visitantes nun recinto duns 20.000 metros cadrados,así como unha cifra de negocio directa e indirecta superior aos 10 millóns de euros”.

O concelleiro nacionalista explica que “nesta edición de ExpoGalaecia 2010 será Venezuela o país convidado e a nivel internacional Portugal o país con mais concentración de expositores, transformando así ExpoGalaecia 2010 a Vigo e Galicia na capital turística por excelencia do noroeste peninsular, países como Cuba, Exipto, Arxentina, Francia, Bélxica e outros moitos presentarán as súas novidades turísticas. Tamén acuden á cidade olívica comunidades autónomas como Asturias, Cantabria, Castela-León, País Vasco, xunto con Concellos, Deputacións, Consulados e outras institucións, o que representa un importante punto de encontro para o turismo e a gastronomía, consecuencia esta pola que o Concello de Burela estará presente un ano máis neste interesante certame, para seguir valorizando o nosos recursos, no senso de afianzar e posibilitar cotas de crecemento para Burela dentro do ámbito turístico”.

Burela estará presente en ExpoGalaecia 2010 con stand propio “no que se divulgarán todos os nosos recursos turísticos, gastronómicos, culturais e históricos dentro dun espazo de importante repercusión pola súa situación no eixe da eurorexión de Galicia-Norte de Portugal  que aglutina preto de seis millóns de habitantes, e por tanto de grande transcendencia para a potenciación do turismo para o Concello de Burela”.

Exit mobile version