Site icon Crónica3.com A Mariña

Oh Trio! ofrecerán melodías do cancioneiro galego na Casa da Administración de Sargadelos

Nota de Prensa

A Xunta de Galicia en colaboración coa concellaría de Cultura e Xuventude do Concello de Cervo desenvolve a programación cultural ESPAZOS SONOROS

A CASA DA ADMINISTRACIÓN ACOLLE O VENRES A ACTUACIÓN DE OH TRIO! QUE OFRECERÁN melodías tradicionais do Cancionero galego

* Será as 20 horas na sede do Real Padroado de Sargadelos.

Cervo, 14 outubro de 2010.- O vindeiro venres, 15 de outubro, a partires das 20.00h. a Casa da Administración de Sargadelos acollerá unha nova actuación musical programada dentro do festival “Espazos Sonoros” organizado pola Consellería de Cultura e Turismo en diversos puntos de toda a xeografía galega.

Nesta ocasión será o grupo Oh Trio quen ofrecerá un espectáculo ben singular: o seu novo proxecto acústico baseado en melodías tradicionais do Cancionero galego de Torner e Bal y Gay. Despois dun traballo de selección entre os centenares de melodías que ofrece esta obra, que propón unha recreación de melodías galegas desde o prisma do jazz e a improvisación

Antonio Bravo, na guitarra acústica, Germán Díaz, na zanfona e Diego Martín, nas percusións conforman unha formación que ten menos dun ano de existencia, aínda que os seus compoñentes coñécense e veñen colaborando xuntos en distintas formacións como Rao Trío, Brigada Bravo & Díaz ou Marisco Fresco.

Enmarcado na programación do Xacobeo 2010, “Espazos Sonoros” continúa nesta súa terceira edición fiel así mesmo e á intención coa que naceu, que é a de facer unha aposta pola valorización do patrimonio histórico galego e pola promoción da creación musical no noso país.

UN SAÚDO.- CONCELLO DE CERVO

Máis información:

http://www.germandiaz.net/musica/formaciones/formacion_ohtrio_gallego.php

Exit mobile version