Site icon Crónica3.com A Mariña

Os parques de bombeiros de A Mariña non abriran hasta o primeiro semestre do ano 2011, asegura o PP

Nota de Prensa

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva Álvarez, confirma en resposta a preguntas do deputado do Grupo Popular Jose Manuel Balseiro, que os parques da Mariña lucense abrirán no primeiro semestre do ano 2011, previsiblemente no mes de abril (unha vez que pase o proceso de formación e dotación de equipamento dos bombeiros)

Santiago Villanueva sinala na Comisión 1ª do Parlamento (Institucional, Xustiza e Interior) que estes novos parques permitirán dar un servizo permanente as 24 horas do día, os 365 días ao ano e con persoal profesional, formado, e equipado para todo tipo de intervencións.

Pola súa banda, Jose Manuel Balseiro sinalou que o Partido Popular na Xunta actual fixo “bastante menos ruído que o bipartito, pero moitísimo máis traballo”. Lembrou que no ano 2005 cando o PP deixa o Goberno da Xunta está terminada a obra de Barreiros e, a día de hoxe, despois de tres anos de Goberno bipartito, esta instalación sigue “igual que daquela”. Sinalou tamén as continuas promesas de apertura realizadas pola vicepresidenta da Deputación provincial (que comprometía a data de entrada en servizo no ano 2008) e polo propio Conselleiro socialista de Presidencia (Méndez Romeu que en novembro de 2007 prometía abrir os parques no prazo dun ano) todas elas incumpridas. Jose Manuel Balseiro sinalou que agora, grazas ao impulso do PP “existe rigor contra incerteza, compromiso contra promesas baleiras de contido”, ademais significou que tanto a licitación, como a adjudicación, como a construción do parque de bombeiros de Viveiro son xestións que desenvolveu o Goberno que lidera Feijoo unha vez accedeu á Xunta.

“Debémos felicitar porque o actual Goberno estivo traballando para que A Mariña conte cunhas instalaccións axeitadas, que levamos tempo reclamando desde as distintas forzas vivas da Mariña lucense e que son necesarias”-concluíu o deputado popular

Exit mobile version