Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Foz di que se alegra polo resultado das súas últimas xestións coa Xunta

Nota de Prensa

Foz 16 de outubro de 2010.- O partido Popular de Foz, congratulase das xestións realizadas o pasado día 30 de setembro, nunha reunión de urxencia con director xeral de Portos de Galicia Sr. Álvarez – Campaña Gallo, acompañados do deputado autonómico mariñán José Manuel Balseiro Orol, na que se tratou entre outros asuntos o dragado das dársenas de Foz.

Según as ultimas noticias, vaise a facer unha actuación de urxencia nos puntos mais afectados, por outra banda, comprometeuse a axilizar o proxecto definitivo de dragado das dúas dársenas portuarias, para levalo a cabo coa maior prontitude posible. Cónstanos ademais, que os técnicos están intensificando as xestións cos demais organismos do estado, que son os que verdadeiramente están a poñer pegas que afectan a viabilidade do proxecto, alonxando o punto de vertido e non querendo aproveitar a area limpa para a lóxica rexeneración de areais cércanos, que o necesitan.

Desde o P.P de Foz, entendemos que a mellor forma de facer política e esta, traballar polos cidadáns codo a codo coas administracións, en non coma outros que agora pretenden desempolvar as pancartas que en anos anteriores tiveron aparcadas.

Porque si efectivamente o estado das dársenas e lamentable, é polo abandono que durante os últimos catro anos mantivo o bipartito ( PSOE – BNG ), que neste senso non investiron nin un so euro no mantemento do correcto calado destas infrastruturas.

Exit mobile version