Site icon Crónica3.com A Mariña

Pasada das Cabras vai a Ourense facer unha “ruta termal”

A asociación deportiva de Sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, programou unha “ruta termal – Ourense” para o día 10 de outubro. “A ruta é libre, pódense facer os quilómetros que queira cada un ou ben levar o bañador e darse un baño nas termas. A comida tamén será libre” aseguran os organizadores. Partiran de Burela ás sete e media da mañá e o prezo é de 20 euros para socios e de 25 para non socios. As persoas interesadas deben anotarse en Gráficas Arfe ou no chamando ao teléfono 982 580 504, antes do venres día 8 as oito da tarde

Exit mobile version