Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentaron en Foz a VII Rota 4×4 Montes da Mariña Luguesa, limitada a 400 participantes

Nota de Prensa

Presentación VII Rota 4×4 Montes da Mariña Luguesa

Este venres, 8 de outubro, tivo lugar na Casa da Xuventude de Foz a presentación da VII Rota 4×4 Montes da Mariña Luguesa. Estiveron presentes dous membros dos Correcamiños, Gonzalo García Alonso, presidente, José María Ben Balseiro, secretario, así como a concelleira de Deportes do Concello de Foz, Rosa Alonso Rodríguez.

A VII Rota 4×4 Montes da Mariña Luguesa terá lugar os días 29, 30 e 31 de outubro e 1 de novembro. O límite de inscrición será de 400 participantes. Co que contarase cun total de 700 persoas. Esta rota é unha das 10 mellores probas destas características de toda España.

O programa desta rota será:

Venres 29: recepción a partir das 21h.

Sábado 30: saída ás 8:30h. dende o parque pechado do porto para percorrer todas as parroquias do Concello de Foz e do Valadouro. Faranse probas de carácter extremo ás 16h. no lugar de Brea, en Nois. Acabarase ás 18h. no lugar do Bispo Santo, facendo unha proba especial. Ás 22h. cearán todos xuntos.

Domingo 31: ás 9h. haberá probas de habilidade e velocidade en Vilaronte, no circuito da Roxa. Ás 15h. haberá comida e ás 17h. exhibición de Kite-surf a cargo do club Augas Santas de Ribadeo. Será na ría de Foz.

Luns 1: visita do patrimonio cultural: Basílica de San Martiño, Castro de Fazouro, Pico da Frouxeira, Praia das Catedrais,…

Este ano celebrarse o V Aniversario do Club Os Correcamiños

Exit mobile version