Site icon Crónica3.com A Mariña

Según o PP de Burela o presidente do goberno do Estado “condena a Burela” polo atraso da estrada Barreiros-San Cibrao

Nota de Prensa

O PP en Burela: “Zapatero condena a Burela a seguir agardando polo corredor Barreiros-San Cibrao”.

A senadora Mariña Gueimunde afirma que “os retrasos do corredor Barreiros-San Cibrao e na A-8 poñen en perigo a progresión do desenvolvemento de Burela”.

González Barcia afirma que non hai nin un só  euro nin para o cuartel nin para a intersección da saída da travesía municipal hacia Cervo.

O PP tén claro que os presupostos de Zapatero para 2011 non son bós nin para a comarca nin para Burela. Así o fixo saber hoxe, mércores, no transcurso dunha rolda de prensa que tivo lugar en Burela, e na que participaron a senadora Mariña Gueimunde e o portavoz do PP de Burela e deputado provincial José María González Barcia, acompañados por outros membros do PP burelés.

Os populares foron contundentes no que se refire ó corredor Barreiros-San Cibrao: “Zapatero condena a Burela a seguir agardando por esta infraestructura, da que ainda non coñecemos nin tan siquera o seu trazado, e eso que se dixo que a estas alturas xa estarían resoltas as alegacións”. Consideran que a contía presupostada, 130.000’00€, non chega nin para pagar o papel e copias da documentación que pode xenerar esta infraestructura.

A senadora Mariña Gueimunde manifestou que “os xa máis que considerables retrasos deste corredor, xunto cos retrasos de certos tramos da A-8, poñen en perigo a progresión do desenvolvemento de Burela, porque segue habendo trabas para a saída do peixe hacia o resto de Galicia e da península, o que implica un encarecemento dos custos e por conseguinte afecta ó prezo do peixe”.

Gueimunde tamén se refireu ós investimentos que fará  a Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural y Marino, a través do Servicio Provincial de Costas: “a pretendida praia artificial na zona de O Perdouro non está nos presupostos, e os traballos que se farán serán aqueles referidos co mantemento das infraestructuras competencia de Costas e pouco máis”.

Pola súa banda, o portavoz do GMPP burelés e deputado provincial José  María González Barcia indicou que “resulta lamentable que contando cun alcalde socialista Burela non saque nin un só euros dos presupostos xerais de Zapatero para 2011, o que demostra que Llano tén un escaso ou nulo peso político dentro do seu partido, ou ben que faigan con el o que el fai cos veciños, que lle din a todo que sí, e logo non lle atenden ningunha petición e non lle fan nada”.

“Unha obra demandada polos usuarios, da que hai proxecto no Servicio Provincial de Estradas do Goberno Centrola na provincia de Lugo, é a mellora da intersección entre a travesía municipal e a variante en dirección Cervo, zona mui conflictiva e na que xa tén habido accidentes. Pois ben, en tres anos non se moveu nin un só euro, cando, visto o retraso do corredor Barreiros-San Cibrao, é unha obra sumamente importante”, afirmou Barcia.

O portavoz e deputado popular tamén se refireu ó investimento cero no Cuartel da Garda Civil de Burela. “Un ano máis, cero euros para mellorar as condicións de traballo dos profesionais da Garda Civil e as condicións de vida das familias que no mesmo viven. Supoñemos que o alcalde lles daría onte, festividade da patrona da Garda Civil, algunha explicación ó respecto ós membros e mandos do Corpo, aproveitando os pinchos cos que nos agasallaron no propio Cuartel, a pesares da precariedade das instalacións”.

Para Barcia, “o único que apaña Burela nos presupostos de Zapatero para 2011 son os fondos para o edificio de Capitanía, que por non vir tampouco veñen especificados, co que hasta pode ocurrir que se adxudique a obra e non se execute; de feito, do investimento previsto para 2010 non se gastou nin un só euro, e cómpre lembrar que esta obra comenzou o seu proceso co goberno municipal do PP en Burela a principios de 2006; de feito, o convenio entre Portos e Fomento para o uso dos terreos asinouse antes das eleccións municipais de 2007. Como se ve, tampouco desde a alcaldía se axilizou nada neste sentido”.

Tanto Gueimunde coma Barcia consideran que os presupostos do próximo ano elaborados polo goberno de Zapatero non aportan nada novo para Burela. Son uns presupostos que non axudan a potenciar os sectores socioeconômicos do concello e que reflexan o escaso ou nulo peso do alcalde na toma de decisións do partido socialista e a súa escasa ou nula influencia nas administracións gobernadas por socialistas.

Exit mobile version