Site icon Crónica3.com A Mariña

Os visitantes das Catedrais en Ribadeo valoraron a calidade dos servizos nunha enquisa

Nota de prensa:

OS VISITANTES QUE CHEGAN ÁS CATEDRAIS E ÁS ILLAS-CASTROS FAN UNHA BOA VALORACIÓN SOBRE A CALIDADE DAS AUGAS, DOS ASEOS E DOS APARCADOIROS. ÉSTE É O RESULTADO DUNHA ENQUISA REALIZADA POLO CONCELLO QUE ESTUDIA A AUTOFINANCIACIÓN DESTES AREAIS PARA QUE NON LLE SUPOÑAN CUSTE ALGÚN NO FUTURO.

Ribadeo, 7 de outubro de 2010. O concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, amósase satisfeito despois de analizar o resultado das enquisas realizadas este verán nas praias de As Catedrais e As Illas-Castros entre os visitantes. A maioría tildan de excelente e moi boa a calidade das augas, das duchas, lavapés e aseos e de bós os accesos e o aparcadoiro. O Concello estudia a autofinanciación destes areais para que non lle supoñan custe algún no futuro.

O edil nacionalista explicou hoxe que “dentro do proxecto que estamos a realizar de mellora continua das praias de As Catedrais e As Illas-Castros este verán fixemos varias enquisas de xeito aleatorio entre os visitantes e chegamos a conclusións curiosas. O 100% eran persoas de fora que non coñecían ou nunca estiveran nestas praias, o 90% eran españois e o 10% restante extranxeiros. Fixémoslles 20 preguntas sobre diversos aspectos, como por exemplo a calidade das augas, o 90% dos enquisados dixeron que eran excelentes e o 10% boas; no caso da calidade das duchas, lavapés e aseos o 90% consideraron que eran bós e o 10% excelentes e sobre a calidade e os accesos aos aparcadoiros o 90% opinaron que son bós, hai un 5% que dixo que son excelentes e outro 5% que cre que son malos”. O Concello tamén preguntou pola limpeza do areal “e o 5% dos visitantes que participaron na enquisa dixeron que é excelente, o 75% que é boa, o 15% dixo que regular e un 5% considerou que é mala e pola presencia de algas e plásticos e outros residuos, neste último caso o 75% dixo non ter visto residuos e o 25% sinalou que sí”.

Horacio Cupeiro sinalou que “unha das cousas que lle preocupa ao Concello é como lle poderíamos sacar unha rentabilidade a estas praias, sobre todo á das Catedrais que é visitada por miles de persoas todos os veráns. Por iste motivo lles preguntamos aos enquisados si coñecen que nalgunhas praias da costa catalana se está a implantar o uso de tarxeta de prepago para usar as duchas e os lavapés, o 95% recoñecen estar ao tanto da noticia e o 5% di que non. Pero cando se lles pregunta qué lles parecería que o Concello de Ribadeo cobrase unha cantidade polo uso dos aseos para sufragar os custes de mantemento do areal o 50% di que ben e ao outro 50% non lle parecería ben”. Para o concelleiro de Medio Ambiente “estas conclusións nos explican un pouco que é o que pensan os visitantes, temos que seguir mellorando e a ver si podemos sacar un rendimento ás praias para que As Catedrais e As Illas-Castros se poidan autofinanciar e que non teñan custe algún para o Concello de Ribadeo no futuro”.

Exit mobile version