Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Ribadeo valora positivamente o acordo da Xunta e Deputación para a ponte de Arante

Nota de prensa:
FERNANDO SUÁREZ VALORA DE XEITO POSITIVO QUE XUNTA E DEPUTACIÓN SE PUXESEN DE ACORDO PARA ARRANXAR A PONTE DE ARANTE. O REXEDOR AGARA QUE AS OBRAS SE LICITEN CANTO ANTES.

Ribadeo, 29 de outubro de 2010. O alcalde, Fernando Suárez, valora de xeito moi positivo que Xunta e Deputación se puxesen de acordo para proceder ao arranxo da ponte de Arante. O rexedor agarda que se liciten as obras canto antes e lembra que será o Concello o que terá que asumir o amaño dos camiños municipais que están a quedar totalmente destrozados polo paso dos camións e do transporte escolar.

Suárez Barcia alégrase “de verdade e supoño que todos os veciños de que tanto a Xunta como Deputación por fin se reuniran, por fin deixaran as súas desavencias a un lado e chegaran a un acordo para amañar definitivamente esta ponte. Pero pregúntome si isto non o puideron ter feito hai catro meses cando a choiva e a auga estragou a ponte, porqué houbo que agardar todo este tempo para que agora decidiran sentarse e acordar e non ter ningunha diferencia para poder un problema que está a afectar a tanta xente”. O alcalde engadiu que “todo isto deu lugar a que o outro día unha serie de veciños, aos que eu apoio profundamente, tiveron que amagar con facer unha pequena revolta. Quizáis iso foi o que alertou tanto aos responsables da Deputación como da Xunta para que chegasen a un acordo”.

O rexedor sinalou que “agora hai que redactar o proxecto, hai que licitalo, hai que adxudicalo e hai que facer as obras, iso tardará un tempo e inevitablemente meterémonos en pleno inverno. Mentras tanto os camións de madeira, do leite, das cooperativas agrícolas, o transporte escolar, todos seguirán a utilizar os camiños municipais e moitos deles non son aptos para este tipo de circulación porque están en desniveles, con fortes pendentes ou non soportan a tonelaxe que por alí está pasando, co cual cando se amañe a ponte de Arante estes viais estarán totalmente estragados e despois terá que ser novamente o Concello o que teña que asumir os gastos de reparación”.

Fernando Suárez valora “positivamente que dunha vez por todas chegasen a un acordo e agardemos que canto antes se licite a obra e que non teñamos ningunha sorpresa á hora de arranxar esta ponte. Parece ser que hai dous departamentos da Xunta, Augas de Galicia e Patrimonio, que se contradicen entre sí, nós só queremos que se poñan de acordo canto antes e que esa ponte sexa unha realidade de inmediato”.

Mercado semanal

Por outra banda, o alcalde ribadense refeíuse ás críticas efectuadas nas últimas horas por unha formación política relativas ao mercado semanal. Fernando Suárez aclarou que “é normal e habitual que a Policía Local acompañe ao responsable do mercado a levar comunicacións ou notificacións e nesta ocasión fíxoo a interventora municipal para evitar males maiores, porque hai moitos vendedores que non teñen os pagos día e todos saben que si a finais de ano non saldan as débedas pendentes non poderán renovar para o 2011. Trátase dunha xestión administrativa normal co fin de que non sigan acumulando máis mensualidades sen abonar”.

Exit mobile version