Site icon Crónica3.com A Mariña

A ADEAC organiza no Concello de Barreiros unha xornada formativa sobre bandeira azul

O Concello de Barreiros acollerá o vindeiro luns 29 de novembro unha xornada formativa sobre a bandeira azul organizada por ADEAC. Dará comezo ás 10 da mañá e nela abordaránse aspectos como a conservación dos hábitats costeiros asociados ás praias; salvamento, socorrismo e atención a persoas en situación de discapacidade; visitas de control da bandeira azul e seguimento das melloras ou recomendacións realizadas e consellos prácticos para presentar as candidaturas a bandeira azul. A xornada celebrarase no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.

Exit mobile version