Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación Arrincadeira organiza as VII Xornadas Micolóxicas en colaboración co Concello de Riotorto

Nota de prensa

A Asociación Cultural Arrincadeira  en colaboración co Concello de Riotorto organiza as VII xornadas micolóxicas coincidindo coa celebración do mercado de outono.
Desta volta contaremos coa axuda do mugardés  Jose Luis Cuba Crespo, experto micólogo e oito veces gañador do concurso de cestas de cogumelos da feira das Pontes.
A saída  a procura dos cogumelos será o sábado as  9 da mañá  dende a Praza das Rodrigas. Logo dunha clasificación faremos unha exposición cos exemplares atopados.
O domingo haberá  degustación  dos cogumelos, en diferentes elaboracións,  no marco do mercado de outono que se vai a celebrar nas Rodrigas.
Animádevos e participade na saída para aprender algo máis sobre a micoloxía

Exit mobile version