Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación de veciños de San Pedro organiza un acto musical

Dentro do ciclo “OUTONO CULTURAL”, a asociación de Veciños de San Pedro de Viveiro, organiza o domingo 21 as 6 da tarde unha actuación musical na que participa o dúo galego “Mini e Mero”, músicos, poetas, mestres e investigadores do folclore e a cultura tradicionais galegos, membros históricos de Fuxan os Ventos e actuais compoñentes de A Quenlla. Dentro deste ciclo a asociación veciñal, pretende difundir a cultura galega. Este acto conta coa colaboración da Delegación de Cultura da Deputación de Lugo.

Exit mobile version