Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación veciñal de Valcarría, Viveiro, anuncia diversa actividades para o outono

Nota de prensa:

A Asociación Veciñal de Valcarría está a desenvolver a súa programación de outono.
O pasado domingo actuou para os veciños e veciñas da parroquia o contacontos Celso Sanmartín, que ofreceu as súas historias aos asistentes a este acto celebrado no Centro Sociocultural.
Para o vindeiro mes de decembro esta asociación ten programado unha actuación de maxia.
Estes actos están subvencionados pola Área de Cultura da Deputación de Lugo.
Seguiremos informando.

Exit mobile version