Site icon Crónica3.com A Mariña

A corporación de Ribadeo tratará a aprobación da ordenanza da taxa por estacionamento na zona ORA

Nota de prensa

NO PLENO DA VINDEIRA SEMANA SOMETERASE A APROBACIÓN INICIAL A ORDENANZA REGULADORA DA TAXA POR ESTACIONAMENTO NA ZONA ORA. O CONCELLO COBRARÍA 20 CÉNTIMOS POLA PRIMEIRA MEDIA HORA E 1 EURO POR DÚAS HORAS DE APARCAMENTO E TAMÉN ESTUDIA A CREACIÓN DE MÁIS PRAZAS NA RÚA JOSÉ VICENTE PÉREZ MARTÍNEZ.

Ribadeo, 11 de novembro de 2010. No pleno que se celebrará a vindeira semana no Concello someterase a aprobación inicial a ordenanza fiscal reguladora da taxa por estacionamento de vehículos na zona ORA. O Concello cobraría 20 céntimos pola primeira hora de aparcamento e estudia tamén a creación doutras 30 prazas máis na rúa José Vicente Pérez Martínez.

O alcalde, Fernando Suárez, lembrou que “hai dous anos e pico que se puxo en marcha este sistema de disco, que para min funciona razoablemente ben, pero á vista de que desde hai tempo sobre todo por parte dalgún partido da oposición se facía incidencia na necesidade de melloralo e en que todo o mundo poida obter a calquera hora un ticket que valide un aparcamento temporal aí, por iso propoñemos agora unha nova ordenanza xa cunha zona azul clásica como nas cidades”. O rexedor explicou que “o que se pretende cobrar é algo simbólico dado que na primeira media hora serán 20 céntimos e logo vai subindo por fraccións ata dúas horas como máximo cun euro de custo. Iso faise así para lograr a rotación, dado que si algo é gratuito os coches non se moven e non cumpre a finalidade do estacionamento limitado de tempo que perseguimos desde o principio”.

Suárez Barcia sinalou que “de todo isto son coñecedores na Asociación de Comerciantes de Ribadeo, eu plantexéillelo ao seu presidente e á súa directiva e están de acordo, así como na proposta de ampliar a superficie de aparcamento na zona ORA. Hai que recordar que na actualidade hai 70 prazas en zona azul e agora preténdense incorporar tamén 30 prazas máis na rúa José Vicente Pérez Martínez, esto suporía para Ribadeo pasar das 70 prazas actuais a 100”.

O rexedor agarda que “isto vaia adiante dado que este diñeiro que pretendemos cobrar, aínda que sexa pouco, irá destiñado a costear as máquinas expendedoras que hai que instalar, ao papel e tamén ao seu mantemento”.

Nas comisións informativas que se celebran esta tarde no Concello tamén se analizan a aprobación do convenio marco de colaboración entre o Concello e ACISA para a dinamización comercial de Ribadeo entre os anos 2011 e 2013 e unha proposta da alcaldía para reclamar a urxente reparación da ponte de Arante.

Borrador zona ORA

ORDENANZA FISCAL Nº _____, REGULADORA DA TAXA POR ESTACIONAMENTO DE VEHICULOS EN ZONA DE APARCAMENTO LIMITADO (ZONA ORA)

ARTIGO 1. FUNDAMENTO E NATUREZA

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 141 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real Decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais. este Concello establece a ordenanza fiscal reguladora das taxas por estacionamento de vehículos en zona de aparcamento limitado (zona azul-zona ora) que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal, atendendo as súas normas ao disposto no artigo 57 do citado Real Decreto.

ARTIGO 2. FEITO IMPONIBLE.

Constituirá o feito impoñible desta taxa a utilización dos espazos de estacionamento incluídos no ámbito de aplicación da ordenanza do servizo público de ordenación e regulación do aparcamento (ORA).

ARTIGO 3. SUXEITOS PASIVOS.

Será suxeito pasivo contribuínte as persoas físicas ou xurídicas, así como as entidades ás que se retire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, de 17 de decembro. Xeral Tributaria, que utilicen os espazos de aparcamento incluídos no ámbito de aplicación da ORA. En todo caso presumirase que o feito impoñible foi realizado por quen apareza como titular do vehículo nun rexistro de carácter fiscal ou noutros de carácter público.

ARTIGO 4. COTAS.

As tarifas desta taxa serán as seguintes:

Duración                                                            Tarifa

Menos de 30 minutos                                            0.20

De 30 minutos a menos de 60 minutos                  0,40

De 60 minutos a menos de 75 minutos                  0,60

De 75 minutos a menos de 90 minutos                 0,80

De 90 minutos a menos de 120 minutos                1.00

ARTIGO 5. DEVENGO E PAGAMENTO.

As taxas reguladas nesta ordenanza devenganse no intre de efectualo estacionamento na zona de aplicación da ORA. As cotas serán irreducibles polos períodos de tempo sinalados no artigo anterior.

O pagamento farase mediante a obtención dun ticket nos aparatos expendedores que deberá  ser colocado nun lugar visible no interior do parabrisas dianteiro.

ARTIGO 6. INFRACCiÓNS E SANCIÓNS TRIBUTARIAS.

En todo o relativo a cualificación de infraccións tributarias, así corno a imposición das sancións correspondentes en cada caso , estarase ao disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei 58/2003. de 17 de decembro,Xeral Tributaria.

ARTIGO 7. RESPONSABLES.

– Serán responsables solidarios da débeda tributaria as persoas ou entidades ás que se retire o artigo 42 da Lei Xeral Tributaria.

– Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores (las sociedades e entidades en xeral nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei Xeral Tributaria.

DISPOSICION DERRADEIRA.

A presente Ordenanza, aprobada polo Pleno da Corporación en Sesión celebrada o dia ——-de —————— de 2010. comezará a aplicarse o dia seguinte a súa Publicación no Boletin Oficial da Provincia. permanecendo en vigor ata a stia modificación ou Derrogación expresa.

Exit mobile version