Site icon Crónica3.com A Mariña

Cultura da Deputación “lamenta profundamente” o pasamento de Francisco Fernández del Riego

Nota de prensa:

A ÁREA DE CULTURA DE DEPOTUACIÓN DE LUGO LAMENTA PROFUNDAMENTE O PASAMENTO DE FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO

O intelectual galego naceu en Vilanova de Lourenzá no ano 1913, residía en Vigo dende despois da Guerra Civil e foi un dos grandes impulsores da literatura e a cultura en Galicia

LUGO, 27 de novembro de 2010. A Área de Cultura da Deputación de Lugo manifestou hoxe o seu pesar polo pasamento, na tarde de onte, do intelectual galego Francisco Fernández del Riego, natural de Vilanova de Lourenzá, onde nacera en 1913, e afincado en Vigo dende o ano 1939. A desaparición de Fernández del Riego, unha das figuras máis relevancia do ensaio e a crítica literaria galega, constitúe unha grande perda para este concello lucense a pesares de residir en Vigo dende había tantos anos.

Colaborou con varios proxectos do grupo Nós e o Seminario de Estudos Galegos. Foi ademais unha das figuras máis significativas e valoradas do galeguismo histórico. Foi presidente da Fundación Penzol viguesa ata xaneiro deste mesmo ano. Foi un dos creadores da editorial Galaxia e colaborou a recuperar a cultura galega tamén dende a Real Academia Galega, na que ingresou en 1960 e da que foi presidente entre novembro de 1997 e maio do 2001, sendo ademais un dos grandes promotores do Día das Letras Galegas.

É autor de numerosas publicacións e asinou tanto co seu nome como con pseudónimos como Salvador Lorenzana, artigos en xornais e revistas de América, Galicia, Madrid e Cataluña, ademais de libros de divulgación referentes a diversos temas.

Exit mobile version