Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación iniciara a mellora de 12 rutas de sendeirismo en elas a de Lourenzá

Nota de prensa:
A Deputación iniciará en decembro a mellora de 12 rutas de sendeirismo de 6 Concellos, dentro de Lug02

– O organismo provincial investirá 130.000 euros no acondicionamento de preto de 82 quilómetros, dos que 32 se atopan en Lugo e o resto en 5 municipios da provincia
– Antonio Gato subliña que esta actuación se enmarca dentro do programa “co que a Deputación demostrou que o medio ambiente é a oportunidade económica da provincia, e do que xa temos comprometido o 98% do Orzamento”
– A Xunta de Goberno aproba novos investimentos en obra pública en Fonsagrada, Lourenzá e Guntín por valor de 360.658 euros
– Diante as previsións meteorolóxicas para esta fin de semana, a Deputación desprega un dispositivo para atender as incidencias por neve na rede viaria provincial formado por 60 máquinas e 90 operarios
A Xunta de Goberno da Deputación aprobou este venres a dxudicación provisional da mellora de preto de 82 quilómetros correspondentes a 12 rutas de sendeirismo existentes na provincia, dentro do programa europeo Lug02, dotado con 5 millóns de euros e cofinanciado nun 70% por fondos FEDER. O voceiro provincial socialista, Antonio Gato Soengas, detacou que esta actuación se emarca dentro do programa “co que a Deputación demostrou que o medio ambiente é a oportunidade económica da provincia, e do que xa temos comprometido o 98% do orzamento”.

Á execución destas obras, que se iniciarán no mes de decembro, o organismo provincial destina 130.000 euros. Dos preto de 82 quilómetros, que serán acondicionados e recuperados, 32 atópanse nas inmediacións do río Miño, “o anillo verde da cidade”. Son as seguintes: Paseo do río Rato (3,10 quilómetros), ruta de Lugo ó Piago (14,40 quilómetros) e ruta da Fervenza (15 quilómetros).
A recuperación inclúe traballos de sinalización e balizamento, desbroce e limpeza do terreo. Con todo nalgún caso, como na ruta de Lugo ó Piago, que está pouco practicable, será acondicionada na súa totalidade. “Non só ampliamos o paseo fluvial do Miño para que os lucenses dispoñan dun entorno único, senón que dá continuidade ó obxectivo de que os lucenses vivan o río dunha forma distinta e que complementa outros proxectos impulsados polo organismo provincial”. É o caso do Barco Muralla de Lugo, o programa Lugoteando ou o primeiro Paseo Cardiosaudable do río Rato.
No resto da provincia, as outras rutas que se mellorarán, desenvólvense en 5 Concellos. Suman preto de 50 quilómetros e son as seguintes: Outeiro de Rei: Insuas do Miño (5,10 quilómetros); A Pontenova: ruta da Seimeira (3,10 quilómetros); Navia de Suarna: A Retorta (5 quilómetros) e Penedo da Forca (3,20 quilómetros); Cervantes: ruta de Castelo a Igrexa de Donís (2,98 quilómetros) e de Castelo a Moreiras (4,37 quilómetros); e A Fonsagrada: Queixoiro (6,40 quilómetros), Villardiaz-San Andrés (8,30 quilómetros), e ruta dos Puintores (11 quilómetros).
Máis obra pública nos Concellos
A Xunta de Goberno tamén aprobou novos investimentos en obra pública nos Concellos de Fonsagrada, Lourenzá e Guntín por valor de 360.658 euros.Trátase da rexeneración de pavimentos ó acceso de A Porteliña-Cereixido e ramal ó Taboeiro, no municipio fonsagradinoda dentro do canon deste ano, e da adxudicación provisional da substitución de tubaxe e abastecemento en Guntín con cargo ó Plan de Obras das tres anualidades. Segundo o reparto o investimento que realiza a Deputación nestes dous municipios que, no caso de Fonsagrada se atopa na Zona Norte co de Negueira de Muñiz, é de 1.174.695 euros.
Asimesmo, adxudicouse a mellora do drenaxe e seguridade vial da 2,10 quilómetros da estrada provincial 2802 que vai de San Xurxo a Arroxo, en Lourenzá, por importe de 152.177 euros.
Outros acordos da Xunta de Goberno
Aprobouse a contratación da subministración de sal de mina para a utilización nas estradas provinciais. Trátase dunha partida de 112.100 euros para un consumo aproximado dunhas 1.600 toneladas. Esta actuación enmárcase dentro do compromiso da Área de Infraestruturas de mellorar e manter a rede viaria provincial e bo estado e de garantir a seguridade dos usuarios da mesma durante os temporais de inverno. A este respecto, Gato Soengas adiantou que, tendo en conta as previsións meteorolóxicas para esta fin de semana, a Deputación xa ten un dispositivo despregado para atender as incidencias por neve na rede viaria provincial. Deste xeito, mobilizouse un dispositivo formado por 60 máquinas e 90 operarios, ademais dos efectivos do Parque Móbil se fose necesario.
Tamén se deu o visto e prace a 17 contas xustificativas do Plan de Comunidades Veciñais das que 1 son do ano 2007, 4 de 2010 e o resto de 2009. Suman un total de 253.193 euros dos que a Deputación subvenciona 132.817. Corresponden ós Concellos de Palas de Rei (4), Paradela (3), Bóveda, Baleira, Foz, Mondoñedo, Outeiro de Rei, Ourol, Monforte de Lemos, Negueira de Muñiz, Samos e Xermade.

Lugo, 26 de novembro de 2010
SAÚDOS. GABINETE DE COMUNICACIÓN
Teléfonos: 982 260 104 / 982 260 052
696 175 366
e-mail: comunicacion@deputacionlugo.org
www.deputacionlugo.org

Exit mobile version