Site icon Crónica3.com A Mariña

A Mariña e o sur da provincia protagonizan as rutas do programa de KmO da Deputación desta semana

Nota de prensa

A Mariña e o Sur da provincia protagonizan as rutas de Km0 desta semana

A maiores, un novo grupo de veciños fai o Camiño con Km0 a Compostela,

a modalidade coa que a Deputación se converteu na 1º administración

cunha programación previa e estable ó Xacobeo

A Mariña e o Sur da provincia son os destinos elixidos esta semana polos participantes de Km0.Deputación de Lugo, o programa medioambiental que xera riqueza na provincia mediante o ecoturismo, e mantén 3.000 postos de traballo de forma directa e indirecta. Das 285 persoas que redescubrirán a provincia nesta terceira xornada de novembro de Km0, 158 viaxarán á costa, 72 ó sur, mentres que 55 farán o Camiño.

Precisamente, este martes, membros da asociación a “Espalladoira” de Castroverde e de “Adace” da capital, -primeiros participantes desta semana-, foron recibidos na Pazo de San Marcos. No primeiro dos casos, farán a ruta “O Faro” que inclúe unha visita a Alcoa, ó Castelo Mariño, ó faro e ó casco vello de San Ciprián. O segundo grupo coñecerá o parador de Monforte, o paseo a carón do Río Cabe dende os xardíns da Compañía, e o Museo do Ferrocarril.

Alumnos do “CPI de Castroverde” e do colectivo “Viudas de Lugo” viaxarán este mércores a Ribadeo e a Monforte, respectivamente. Os veciños da localidade lucense farán unha travesía pola ría, e coñecerán o casco histórico ribadense. Mentres, os da capital farán a ruta de “Tor”.

O xoves, membros do “Clube deportivo de San Ciprián” redescubrirán a praia da Cova, -un dos 21 areais avalados pola Unión Europea logo de acadar a certificación medioambiental da Deputación-, e visitarán a bodega Vía Romana. Ademais, outro novo grupo de cidadáns farán o Camiño co Km0 a Compostela, a modalidade coa que o organismo provincial se converteu na primeira administración cunha programación prevía e estable ó Xacobeo. O colectivo de Xermade “Veciños de Roupar” percorrerán un treito do Camiño Francés o seu paso polo Cebreiro.

Exit mobile version