Site icon Crónica3.com A Mariña

A mostra itinerante “A muralla no museo provincial de Lugo / The wall–A muralla” no Cenima en Foz

NOTA DE PRENSA

Organizada polo concello de Foz, mañá venres, día 5, ás 18,30 horas, terá lugar no Centro de Interpretación de A Mariña Lucense (CENIMA) da vila de Foz, a inauguración da mostra itinerante A MURALLA NO MUSEO PROVINCIAL DE LUGO / THE VALL – A MURALLA (Fotografías de Peter Schneider), acto que contará coa presenza, entre outras autoridades, de Antonio Veiga, deputado delegado da Área de Cultura e Deporte da Deputación de Lugo e de Aurelia Balseiro, directora do Museo Provincial de Lugo, e con Rosa Alonso Rodríguez, concelleira de Asuntos sociais, emigración, xuventude, deporte e muller, do Concello de Foz. Integran esta exposición, que permanecerá aberta ata o 30 de novembro, oito fotografías da Muralla e dúas torres con paneis informativos e explicativos do que foi a cidade de Lugo en época romana e o deseño inicial e modos de execución da muralla, así como tamén dos epígrafes que, procedentes deste monumento, atopánse custodiados no Museo Provincial de Lugo.

Como complemento desta mostra, o mesmo día da inauguración pero ás 19,00 horas, Enrique Alcorta Irastorza, arqueólogo do Museo Provincial de Lugo, pronunciará unha conferencia sobre A muralla romana de Lugo e o Patrimonio, na que se fará unha análise desta complexa obra da enxeñería militar e sobre diversas reflexións entre a arqueoloxía e o patrimonio.

A entrada a estes actos é pública e gratuíta.

Exit mobile version