Site icon Crónica3.com A Mariña

A peña barcelonista San Miguel viaxará a Pamplona a ver o encontro C.A. Osasuna – F.C. Barcelona

Nota de prensa:
A peña barcelonista San Miguel viaxará a Pamplona.

A peña barcelonista San Miguel está a organizar unha viaxe a Pamplona para presencia-lo partido de liga C.A. Osasuna – F.C. Barcelona, que se disputará no estadio Reino de Navarra o 4 de decembro.
A expedición mariñana partirá de San Miguel de Reinante o sábado 4 de decembro de madrugada, coa intención de chegar á cidade navarra a mediodía.
Logo de pasar polo hotel, disfrutaráse da gastronomía navarra.
Xa pola tarde acudirán ó estadio para animar ó Barça e tentar aportar o seu gran de area para que o seu equipo consiga a vitoria.

O domingo será un día para facer turismo por esta fermosa cidade, que ten a súa fama polos Sanfermines, pero que encerra moitos encantos.

O luns día 6 de decembro (día festivo – A Constitución), será o día de volta. Partirán de Pamplona ás 10.00 h., farase un alto no camiño en Cantabria para comer e logo se regresá a San Miguel, estando prevista a chegada ás 20.00 h.

Os prezos para esta viaxe son:
2 noites de hotel (habitación dobre con almorzo) – 80,00 € por persoa
Entrada ó partido (prezo estimado segundo temporadas anteriores) – 100,00 €
Viaxe en autobús – 40,00 € (socios e acompañantes directos gratis).
A peña encargarase de toda-las reservas e trámites.
Tamén se ofrece a posibilidade de viaxar sen acudir ó partido de fútbol.
O prazo para apuntarse remata o 13 de novembro.
Para máis información – Jose – 649 57 13 60.

Dende a peña animan a todo-los afeccionados culés a participar nas suas actividades, estando previstas para este ano tamén a xuntanza para ver por tv o partido Barça – R. Madrid (que será no restaurante Oliñas do Mar de Benquerencia), un concurso de postais de Nadal e unha cea de Nadal.
Xa para comezos de ano, están programadas as viaxes a A Coruña e a Xixón para ver tamén en directo ó Barça.

Exit mobile version