Site icon Crónica3.com A Mariña

A Plataforma pro residencia de anciáns en Foz dá tempo á Xunta antes de “levar a cabo accións de reivindicación”

A paltaforma veciñal de Foz reivindica unha residencia de anciáns

NOTA DE PRENSA

Reunión da Plataforma pro-Residencia de Anciáns e Centro de Día en Foz

Trala reunión de onte (venres, 19 de novembro), os colectivos focenses que se constituíron en plataforma para a reivindicación da posta en marcha da residencia de anciáns e o centro de día na vila de Foz, acordaron insistir nas súas peticións para obter unha reunión informativa coa representante da Consellería de Traballo e Benestar, competente na materia de servicios sociais. Por unanimidade decidiuse dar de prazo unha semana para ter esta reunión e, segundo o resultado da mesma, levar a cabo diversas acción de reivindicación. Para coñecer os avances e decidir actuacións, os colectivos volverán reunirse o sábado 27 de novembro ás 12 horas no local social da Asociación de Veciños “O Castro”, na Casa do Mar.

Á reunión de onte asistiron representantes de Asociación de Veciños “O Castro” de Foz, “Mar de Foz”, “Comisión focega en defensa da sanidade pública”, Asociación Gastronómica “Terra e Mar”, Federación de Asociacións de Veciños Rede Cidadá Asociación Cultural “O Castro” de Vilaronte, “Pomba do Arco”, Asociación de Amas de Casa e Bloque Nacionalista Galego. Ademais, asistiron representantes da Asociación de Veciños de Marzán coa finalidade de informarse sobre a plataforma e as súas vías de actuación.

Recórdase a todos os colectivos que aínda non puideron mostrar o seu apoio a esta Plataforma que poden unirse en calquera momento.

Exit mobile version