Site icon Crónica3.com A Mariña

A secretaría da Muller da CIG propón “dez pasos para facermos fronte á violencia sexista”

Nota de Prensa

No día contra a VIOLENCIA DE XENERO (25 de novembro) desde a Secretaria da Muller da CIG, reiteramos o noso compromiso na loita contra a violencia de xénero, e facémolo a través da formulación dunha denuncia pública das distintas formas de violencia que seguimos a sufrir as mulleres en todos os ámbitos, visibilizando a achega invisibel do traballo reprodutivo das mulleres, sustento en gran medida do sistema de  benestar, que periga por mor dos recortes orzamentarios derivados das medidas neoliberais levadas a cabo polo sistema capitalista.

Por iso desde a CIG presentamos a campaña

“DEZ PASOS PARA FACERMOS FRONTE Á VIOLENCIA SEXISTA”

1. DENUNCIAR TODO TIPO DE DISCRIMINACIÓN CONTRA AS MULLERES.
2. DAR A COÑECER OS DEREITOS LABORAIS E SOCIAIS DAS VITIMAS DA VIOLENCIA MACHISTA.
3. GARANTIR A APLICACIÓN DE PLANS DE IGUALDADE E PROTOCOLOS DE ACOSO EFECTIVOS NOS LUGARES DE TRABALLO.
4. GARANTIR UNHA REDE PUBLICA DE SERVIZOS SOCIAIS INTEGRAIS.
5. IMPLANTACIÓN DUN MODELO COEDUCATIVO EN TODAS AS ETAPAS.
6. GARANTIR O DEREITO Á SEXUALIDADE E A INTERROMPER O EMBARAZO NA REDE PUBLICA DE SAUDE.
7. IMPULSO DA CORRESPONSABILIDADE NAS TAREFAS DO COIDADO E NO FOGAR E GARANTIR A CONCILIACIÓN.
8. RECOÑECER E GARANTIR OS DEREITOS DAS MULLERES INMIGRANTES.
9. VISUALIZACIÓN DA PROBLEMÁTICA ESPECIFICA EN MATERIA DE SAÚDE LABORAL DAS MULLERES.
10. INTEGRAR A EXIXENCIA DA IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES NA NEGOCIACIÓN COLECTIVA.

Por todos estes motivos ímonos concentrar o este xoves dia 25 de novembro en todas as comarcas do país.

Aquí na Mariña estaremos presentes no acto que se celebrará en Ribadeo a partires das 19:30 da tarde e que organiza a Asociación Observatorio da Mariña pola Igualdade.

Exit mobile version