Site icon Crónica3.com A Mariña

A secretaria xeral del Mar inaugurou as xornadas técnicas de Pesca en Celeiro e visitou Burela

Nota de Prensa

A SECRETARIA GENERAL DEL MAR, ALICIA VILLAURIZ, VISITOU BURELA, ONDE MANTIVO VARIAS XUNTANZAS. LLANO ASEGURA QUE VOLTARÁ PARA ANALIZAR CON MÁIS CALMA AS INQUEDANZAS DO SECTOR E PARA VER O FUNCIONAMENTO DA LONXA.

Burela, 26 de novembro de 2010. A Secretaria General del Mar, Alicia Villauriz, visitou hoxe Burela, onde mantivo varias xuntanzas.

Segundo relatou o alcalde, Alfredo Llano, “mantivo aquí no Concello primeiro un encontro coa viúva e co fillo de Ramiro González, o ex mariñeiro falecido o pasado 9 de novembro no porto e despois reuníuse con representantes da cofraría de pescadores de Burela e de ABSA”. O rexedor explicou que “con eles falou das propostas do sector sobre as cuotas da pescada para o vindeiro ano ou do diario de a bordo. Alicia Villauriz visitou despois ambas instalacións e dixo que repetirá visita para analizar máis polo miúdo as inquedanzas do sector pesqueiro e para ver o funcionamento da lonxa”.

Villauriz chegou a Burela procendente de Celeiro. Alí inaugurou a primeira hora da mañá as xornadas técnicas de difusión do sector pesqueiro

Exit mobile version