Site icon Crónica3.com A Mariña

A selección galega de Billarda derrotou a asturiana na IV Copa Cantábrica

Nota de prensa

IV Copa Cantabrica de Liriu (billarda)

Cumplíronse tódalas espectativas, a Selección Galega de Billarda tomóuse a revancha da derrota sufrida na derradeira edicción da Copa Cantábrica diante dos asturianos e no mesmo esceario do pasado ano, fíxose de novo co triunfo, recuperando así a  hexemonía perdida. As seleccions estivoron formadas polos seguintes compoñentes:

Por GALICIA: Ana e Luis (Bateas, de Portonovo), Daniel, DelFranco e Julio (Billardeiros Musicais, de Ribadeo), Flores e Xermán (Ekipa Bíteres, de San Cosme), Geni, Guille, Isa e Reyes (Os Outros, de Ribadeo), Martinho e Suso (Remourelle Bulls, de Remourelle), e os independentes Michele e Joaquín.

Por ASTURIAS: Enrique, Falo,  Javier, Martínez e Marisa ( Asturliriu), Abel e Xosé  (Camaretá), Pepe, Sergio e Xuaco (Espora), Hevia e Pravia (Quirinal), Dani, Lilian e Toño (Sidrones).

Todos e cada un dos seleccionados deixaronse a pel no pavillón de Piedras Blancas e xa dende o comezo dos enfrontamentos acosaron o “castru”  e fixéronse donos da situación. Nin o mesmísimo Pelayo sería quen nesta ocasión de cambeala sorte ao seu favor, os machetadores Asturianos vironse superaros polos palanadores Galegos que los doblaron no marcador final por  34 a 17, inflinxíndolles así un severo correctivo.

Nembargantes, a rivalidade reflexada no terreo de xogo, trocouse en cordial camaradería no xantar conxunto en Casa Orosia das Bárcenas  donde entre cánticos, gaitadas e chistes,  as dúas comunidades liriu-billardeiras quedaron emprazadas para unha nova e vindeira edicción ca posibilidade de organizar outro trofeo parecido na beira galega

Como pos-xantar retomamolos paláns e voltamos a cancha de xogo para disputar o xa tradicional ” Trofeu del Llacón”.

Logo da superioridade mostrada a mañan, naide dudaba de que tamén conquistaríamos o trofeo da tarde e así foi. Sucedéronse as eliminatorias e os “machetadores” foron desaparecendo superados polos “palanadores” ata chegar a unhas mediafinais completamente galegas. Franco e Daniel, despois de chimpar fora a Geni e Luis respectivamente xogáronse a final.

Os pronosticos eran favorables a Daniel que contaba por triunfos os seus catro últimos torneos disputados, pero nembargantes viuse sorprendido polo seu compañeiro de equipo DELFRANCO que non se deixou intimidar e fixo valer as súas armas. Está recuperando a pasos de xigante a súa grande forma de tempadas anteriores e confirmouno vencendo merecidamente nesta emocionante final.

Non houbo llacón desta volta, pero sí unha fermosa figura, reproducción da Virxe de Covadonga na súa cova. Tamén houbo medallas de ouro, prata e bronce para os tres mellores (Delfranco, Daniel e Luis).

Por outra parte e fora de programa, disputouse un abertiño entre tódalas donas, que neste caso si quedou en Asturias, Marisa levou medalla de Ouro, sendo a prata e o bronce para as galegas Isa e Geni.

Subliñar que a entrega de trofeos foi presidida polo Concelleiro de Deportes de Piedras Blancas D. Bernabé Peña, que mais unha vez nos amosou a súa boa disposición a colaborar co deporte tradicional.

Exit mobile version