Site icon Crónica3.com A Mariña

A Subela animará o III Magosto da asociación de veciños “O Castro” de Foz

Nota de prensa: III Magosto da Asociación de Veciños “O Castro” de Foz e lotería de Nadal

Como vén sendo habitual, a Asociación de Veciños “O Castro” de Foz organiza para o vindeiro sábado 13 de novembro o seu tradicional magosto, que este ano alcanza a terceira edición. A hora de comezo está prevista para as 20 horas (oito da tarde) e, coma sempre, será de acceso libre e gratuíto, repartindo entre todos os asistentes castañas, viño e chourizo ata esgotar as existencias.  Ademais, como novidade este ano contaremos coa actuación folclórica de “A Subela”, animando a velada ó son de gaitas e cantos tradicionais.

Por outra parte, anúnciase que xa está á venda a Lotería de Nadal da Asociación. Este ano o número elixido é o 45.757 e xóganse en participacións de 5 euros cada unha sen recargo. Poderá adquirirse tanto no Magosto coma dirixíndose a calquera membro da Xunta Directiva.

Exit mobile version