Site icon Crónica3.com A Mariña

A tenente de alcalde de Burela considera unha burla as explicacións da Xunta sobre o servizo de autopsias

Nota de prensa

NEVES CANDO CONSIDERA UNHA BURLA AS EXPLICACIÓNS DADAS POLA XUNTA SOBRE O FUNCIONAMENTO DO SERVIZO DE AUTOPSIAS EN BURELA. A EDIL NACIONALISTA CONSIDERA QUE VIAXAR DE NOVO A LUGO É O CAMIÑO QUE LEVA A POLÍTICA SANITARIA DO PP.

Burela, 22 de novembro de 2010. A tenente de alcalde, Neves Cando, considera de vergonza e unha burla as explicacións dadas pola Xunta sobre o funcionamento do servizo de autopsias. A edil nacionalista considera que viaxar de novo a Lugo é o camiño que leva a política sanitaria do PP.

Neves Cando tildou “de vergonza e burla para todos os veciños e veciñas de Burela e de toda a comarca as explicacións que desde a Xunta se deron para trata de explicar o inexplicable. O servizo de autopsias en Burela, que o PP anunciara como recuperado o pasado mes de maio, non funciona por moito que se empeñen en xustificar o inxustificable. Polas declaracións á prensa dos propios responsables da Dirección Xeral de Xustiza e dos representantes da asociación de veciños O Vencello co beneplácito do PP a situación é a seguinte, aquí en Burela, segundo eles fin, fanse autopsias de luns a venres de 8 a 15 horas, eso sí sempre que o persoal do servizo non estea de vacacións, non sexa día festivo ou qué outra explicación máis se poden inventar”.

A tenente de alcale lembrou que “o pasado 9 de novembro un veciño de Burela morreu afogado ás dez da mañá e non era nin domingo nin festivo e o forense tivo que vir de Lugo a recoller o cadáver e despois facer aló a autopsia e volvelo de novo para Burela. O que parece estar claro é que morrer tráxicamente na Mariña despois das tres da tarde ou en fin de semana conleva que teñan que trasladar o cadáver a Lugo. Esa é a realidade e eu pregúntome onde están agora as reivindicacións das asociacións de veciños da comarca que pedían en setembro de 2007 que estas autopsias se fixesen tamén polas tardes para reducir, na medida do posible, o tempo de espera das familias, cómo se conforman e xustifican agora esta burla da Xunta”.

Cando considera que “as explicacións dadas pola Xunta son unha burla e un recoñecemento de que aquí non funciona coma antes o servizo de autopsias porque si o funcionamento fose desta maneira a familia non tería que escoller a posibilidade de facer a autopsia en Lugo, si aquí se fixesen as autopsias con normalidade non habería necesidade de ir a Lugo, pero non é así”. A concelleira do BNG subliñou que “estamos asistindo ao desmantelamento doutro servizo sanitario público na Mariña, agora son autopsias e hai uns meses o PP decidiu suprimir as unidades móviles de detección do cancro de mama e o paso seguinte será que o goberno do PP, que tanto apela á liberdade de elección, tamén nos pregunte si nos queremos operar aquí ou en Lugo porque é máis rápido ou si queremos a consulta de calquera especialidade aquí ou en Lugo porque é máis rápido. E iste é o camiño que leva o PP na súa política sanitaria, ter que viaxar de novo a Lugo, vivo para consultas e operacións e morto desgraciadamente para facer a autopsia”.

Exit mobile version