Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta debe dar explicacións do que está sucedendo no Hospital da Costa, asegura o BNG

Nota de prensa

O BNG INTERÉSASE POLO QUE ESTÁ SUCENDENDO NO HOSPITAL DA COSTA COS INCENTIVOS A PERSOAL FACULTATIVO

Veiga di que día si e día non o Hospital da Costa está  nos medios de comunicación e case sempre por malas novas

Diante destas denuncias que resultan alarmantes a Xunta debe dar explicacións pormenorizadas do que está sucedendo en Burela

A Mariña, 27 de novembro de 2010. O BNG mariñao dixo estar fondamente preocupado polas denuncias publicadas nos medios de comunicación en relación á xestión dos incentivos económicos a persoal facultativo do Hospital de Burela nas chamadas “peonadas”. Os nacionalistas confiando de antemán na profesionalidade dos profesionais sanitarios non ocultan a súa preocupación por unha xestión sanitaria na Mariña, e concretamente do Hospital da Costa, que lonxe de tranquilizar á poboación non fai mais que alarmala con noticias, que día si e día non, poñen ao centro hospitalario mariñao no polo contrario ao que debería ser unha boa xestión sanitaria.

O portavoz comarcal nacionalista, Antonio Veiga Outeiro, “afirmou que o BNG non quere trasladar á cidadanía ningunha mensaxe alarmista e partiu da base de que aos facultativos sanitarios supónselles a ética e profesionalidade de antemán; mais basta con ver os medios de de comunciación para abrir a porta ás sospeitas sobre xerencia do Hospital da Costa e á dirección do SERGAS”. Veiga sinalou que “e normal que os veciños e veciñas da Mariña se alarmen cando ven como o seu hospital figura á cabeza dos centros do SERGAS en listas de espera, ou como unha e outra vez son trasladados a centros fora da comarca tanto para probas diagnósticas como operacións.

Os nacionalistas por medio dos portavoces parlamentarios, Ana Luísa Bouza e Fernando Blanco presentaron unha batería de preguntas para “coñecer polo miúdo o que está a pasar en Burela cos incentivos a persoal facultativo” para aclarar as dúbida sobre a calidade asistencial no Hospital de Burela. Para Veiga non chega con que se neguen as cousas, debe especificarse exactamente e con luz e taquígrafos que está pasando e como se xestiona o Hospital da Costa. Neste sentido os nacionalista presentan as seguintes preguntas para a súa resposta escrita:

1.- Cal e, en detalle, a oferta realizada polo SERGAS ao persoal facultativo de pago de incentivos económicos por traballo en xornada extraordinaria?

2.- Prodúcese un pago diferente en función das probas complementarias realizadas?

3.- Están publicados os criterios da oferta e son accesíbeis ao persoal facultativo?

4.- Prodúcense ofertas de auto concertación diferentes en centros diferentes?

Exit mobile version