Site icon Crónica3.com A Mariña

Acia Foz agasallará as persoas que merquen nos establecementos asociados con láminas de Foz antigo

Cristian, gañador do sorteo do "Campañazo do bingo" xunta aor un representantes de Acia Foz e o propietario de La Sexta

Nota de prensa

A ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES AGASALLARÁ AOS QUE MERQUEN NOS SEUS ESTABLECEMENTOS CON LÁMINAS DE FOZ ANTIGO.

Foz, 13 de novembro de 2010. A Asociación de Comerciantes agasallará aos que merquen nos seus establecementos con láminas de Foz antigo. A presentación desta nova campaña terá lugar o vindeiro venres 19 de novembro ás 20 horas na Casa da Cultura. Nese acto intervirán o alcalde de Foz, José Mª García Rivera, o presidente de ACIA, José Carlos Paleo, e Xesús do Breogán, propietario dun interesante arquivo de fotos antigas. A continuación haberá unha proxección de imaxes de hai moitos anos da vila.

Segundo explica José Carlos Paleo “trátase dunha colección de 20 láminas que recollen momentos e lugares de Foz antigo. As imaxes fóronnos cedidas por Xesús do Breogán e estamos seguros de que terán unha grande demanda entre os clientes dos nosos locais comerciais”.

A entrega das láminas dará comezo o 22 de novembro.

Campañazo do bingo
Entrega do premio do Campañazo do bingo ao gañador do primeiro sorteo celebrado o pasado 5 de novembro. ACIA Foz fíxolle onte entrega dos 15 vales por importe de 300 euros (en total) que poderá gastar nos establecementos asociados ata o vindeiro 31 de decembro. O afortunado, Cristian, amosóuse moi contento. A entrega tivo lugar en La Sexta, o local desde o que Cristian seguiu o bingo hai uns días. Os vindeiros sorteos serán o 19 e o 26 deste mes de novembro.

Exit mobile version