Site icon Crónica3.com A Mariña

ACISA/CCA de Ribadeo convoca os socios a unha reunión para as campañas de Nadal

ACISA/CCA convoca aos seus asociados a unha reunión informativa que terá lugar mañá martes 2 de novembro ás 20:15 horas na súa sede social, situada na C/Vello Pancho, 12. No encontro abordaranse as iniciativas e campañas a realizar en Ribadeo ata finais do presente ano (Nadal, festa do comercio, ruta de viños), analizaranse as festas patronais e presentarase a nova imaxe corporativa da asociación para proceder á renovación de bandeirolas e mupis.

Exit mobile version