Site icon Crónica3.com A Mariña

Casting de figuración en Viveiro o día 12 para a película “Dictado” que protagoniza Juan Diego Boto

Alén Filmes; despois de facer os castings para a última película de Pedro Almodovar ( La piel que habito ), agora tocalle ao director Antonio Chevarrías con “Dictado”.

Nota de prensa

CASTING EN VIVEIRO

A productora viguesa  ALEN FILMES  está a preparar un casting para a longametraxe (thriller-psicológico) “DICTADO” producida por Oberón Cinematográfica e Continental Producciones, dirixida por Antonio Chevarrías e protagonizada por Juan Diego Boto. Pódese atopar máis información tanto na Web de Oberón Cinematografica coma no Facebook ( dictado ).

A productora Alén Filmes encargarase dos castings para a futura selección dos diferentes personaxes que participarán coma figurantes na parte da pelicula que se rodará en Viveiro.

Os perfís que buscamos son de homes e mulleres de todas as idades, nenos e nenas, xóvenes, adultos, terceira idade… xente que poida dispoñer dalgún día para poder asistir coma figurante na gravación.

Ademáis todo aquel que senta interese por participar coma extra en diferentes proxectos quedaría na base de datos da empresa para futuras rodaxes.

Os interesados tan só terán que presentarse para ser fotografiados e cubrir unha ficha cos seus datos. Será sinxelo e rápido para que ninguén teña que soportar horas de espera.

O casting terá lugar o vindeiro VENRES 12 DE NOVEMBRO NA CASA DA XUVENTUDE DE VIVEIRO (Avda. de CERVANTES s/n).

Os horarios previstos para que se achegue todo aquel que o desexe serán de 11:00h. a 19:00 h. ININTERRUMPIDAMENTE.

Exit mobile version