Site icon Crónica3.com A Mariña

Deron comezo os cursos de bolillos organizados polo Concello de Cervo

Deron comezo na Casa da Cultura de San Ciprián os cursiños de encaixe de bolillos organizados polo Concello de Cervo a través da concellería de Asuntos Sociais. Estes cursilllos tamén se desenvolverán no núcleo de Cervo. Son impartidos pola encaixeira Modesta Lombardero e a súa duración será de dúas horas á semana durante sete meses. Desenvolveranse os luns en Cervo e os mércores en San Ciprián e están abertos a toda a xente sen límite de idade nin sexo.

Exit mobile version