Site icon Crónica3.com A Mariña

A oitava edición do Mercado do Nadal de Ribadeo celebrase do 3 ao 8 de decembro

Nota de prensa:
DO 3 AO 8 DE DECEMBRO TERÁ LUGAR NO PARQUE DE SAN FRANCISCO A OITAVA EDICIÓN DO MERCADO DA NADAL QUE ORGANIZA O CONCELLO. FERNANDO SUÁREZ ASEGURA QUE SE TRATA DUN REVULSIVO E DUN ALICIENTE PARA QUE A XENTE VEÑA A RIBADEO DURANTE A VINDEIRA PONTE FESTIVA.

Ribadeo, 29 de novembro de 2010. Do 3 ao 8 de decembro terá lugar no parque de San Francisco a oitava edición do Mercado do Nadal que organiza o Concello de Ribadeo en colaboración coa Área de Turismo da Deputación de Lugo.

O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, dixo na presentación que “como todo os anos o mercado ten lugar baixo unha carpa duns 600 metros cadrados sita no centro da vila e acolle diferentes tipos de artesanía así coma outras actividades que animarán Ribadeo nesta ponte festiva. Os horarios de apertura serán das 11 as 14 horas e nas tardes abriremos ás 17 e se pechará as 21 horas”. O Mercado do Nadal abrirá as súas portas o vindeiro venres ás cinco da tarde.

O rexedor manifestou que “este mercado ten a vocación de fomentar e difundir a actividade artesán e sirve como escaparate para a que a xente da Mariña e do Occidente astur coñeza a calidade e variedade artesá de Galicia e Asturias, especialmente agora que se achegan as festas do Nadal. Será un revulsivo e un aliciente para que a xente escolla Ribadeo como lugar de compras, de lecer, de diversión… O éxito desta iniciativa vese reflectido tanto pola afluencia do público como polo número de artesáns que desexan asistir a este mercado, repercutindo na dinamización socieconómica da nosa vila”.

Suárez Barcia subliñou que “a presente edición acollerá 31 actividades artesanais, que na súa meirande parte proceden de Asturias e Galicia, recollendo así a artesanía típica de ambas comunidades. Os stands dos artesáns comprenderán diversos oficios, tanto produtos alimenticios coma manufacturados, pero cun elemento en común o arte feito a mán: coiro, xoiería, papel, prata, azibeche ou madeira. A celebración do Mercado do Nadal virá acompañada como cada ano de actividades de animación para todo o público desde os máis pequenos ata os máis maiores, durante estos días temos prevista a celebración de diferentes obradoiros de artesanía, papiroflexia, impresión, barro, etc… E contaremos tamén con outros espectáculos de animación, concertos, contacontos todos eles dirixidos ao público infantil e familiar”.

Colaboran nesta ocasión a escola de música e danza de Ribadeo, o colexio do Sagrado Corazón e o seu coro infantil, a Escola de Música e Danza, o grupo de música tradicional Alensancia de Ribadeo e a Asociación de Amigos da Madeira de Ribadeo, entre outros. Ademáis durante o Mercado do Nadal poderanse visitar dúas exposicións artesanais: unha de madeira que organiza a Asociación de Amigos da Madeira de Ribadeo e que terá lugar na carpa e outra sobre o traballo do ferro na provincia de Lugo e no Occidente asturiano que está tendo lugar na oficina de turismo ata o día 8 de decembro e que organiza a Asociación Mariña Patrimonio.

Fernando Suárez convidou “a todos os veciños de Ribadeo, aos veciños da Mariña e do Occidente asturiano a que nalgún destes días visiten o Mercado do Nadal e que paseen e merquen na nosa vila. Nestes momentos de crise e de dificultades económicas temos que seguir ofertando alicientes para o sector máis importante que temos que é o dos servizos. E penso humildemente que estas iniciativas xeneran movimento económico e de persoas que sempre redunda de xeito positivo para o noso concello”.

Exit mobile version