Site icon Crónica3.com A Mariña

Isaac Ferreira, Manuel Lourenzo e Xesús Pisón presentaron un libro sobre arqueoloxía no Valadouro

Nota de prensa:

ANTONIO VEIGA ASISTIU Á PRESENTACIÓN DO LIBRO SOBRE ARQUEOLOXÍA DO VALADOURO

Os autores deste libro, Isaac Ferreira, Manuel Lourenzo e Xesús Pisón, xa escribiran sobre a comarca no libro “Contos do Valadouro”

ALFOZ, 27 de novembro de 2010. O delegado de Cultura e Deporte da Deputación de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga, asistiu esta tarde á presentación do libro de Manuel Lourenzo, Xesús Pisón e Isaac Ferreira “Arqueoloxía do Valadouro”, acto que se desenvolveu no castelo de Castrodouro, en Alfoz.

Na obra, estes 3 autores recollen información sobre os elementos arqueolóxicos máis sinalados do Valadouro, pasando dende o paleolítico cadramonés até os castros doutras parroquias. Outros destes elementos serán descubertos no futuro pero o obxectivo dos autores é propiciar ese tempo, a fin de fornecer ao Valadouro dun catálogo completo da súa riqueza cultural.Isaac Ferreira, Manuel Lourenzo e Xesús Pisón naceron no Valadouro. O primeiro é autor teatral, poeta e narrador, director de Casahamlet, Revista de Teatro, encargouse da coordinación deste catálogo. Lourenzo, dramaturgo e director teatral, e autor de máis de 130 pezas dramáticas e fundador e promotor de varios grupos teatrais. Xesús Pisón é pintor, poeta, narrador e dramaturgo, autor de máis de 80 obras.

Estes 3 autores xa afondaran na cultura da comarca coa obra “Contos do Valadouro”, onde fan unha viaxe de volta aos tempos recuados da infancia e da xuventude cando os animais naturalmente falaban e a realidade era atravesada polo realismo máxico, unha obra que serve de mostra da riqueza literaria conservada no Valadouro ao longo dos séculos.

Exit mobile version