Site icon Crónica3.com A Mariña

Medio cento de persoas visitan co programa KmO da Deputación a fortaleza de Pardo de Cela en Alfoz

Nota de prensa

Medio cento de persoas visitan por 1ª  vez con Km0 a fortaleza de Pardo de Cela, en Alfoz

Unhas 300 persoas redescubrirán a Mariña e a Ribeira Sacra con este programa co que a Deputación converteu ó medio ambiente nunha oportunidade económica

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, recibiu este martes a medio cento de solicitantes individuais, que visitaron por primeira vez a fortaleza de Pardo de Cela con Km0, e a outro do Centro de Atención de Persoas con Discapacidade de Sarria. En total, 297 persoas redescubrirán esta semana a Mariña e a Ribeira Sacra con este programa co que a Deputación demostrou que o medio ambiente é a oportunidade económica da provincia e co que contribúe a manter uns 3.000 postos de traballo na provincia.

No caso dos solicitantes individuais, logo de coñecer o Mazo de Santa Comba, viaxaron ata municipio de Alfoz, situado en plena comarca da Mariña Central, para visitar a fortaleza do século XV que pertenceu ó Mariscal en tempos dos Reis Católicos. Asimesmo, tamén percorreron as localidades do Cadramón e do Pereiro, ademais da Finca Galea; unha auténtica paraxe natural na que se poden atopar castiñeiros e outras especies arbóreas con máis de 3.000 anos de antigüidade.

Pola súa banda, o grupo de Sarria visitaron as instalacións do Centro de Produción de Programas da Fundación TIC e o Concello de Viveiro. No municipio mariñano, estiveron na igrexa de Santa María do Campo, nos restos da Muralla romana e na Porta de Carlos V. Tamén subiron ó Monte de San Roque e visitaron a praia da Cova e a cerámica Regal.

O mércores, integrantes das Asociacións de Veciños de Tirimol (Lugo) e de Proendos (Sober) tamén optarán pola Mariña como destino das súas rutas.  No caso do primeiro grupo, Cervo será o municipio elexido. Coñecerán a cerámica de Sargadelos e os Paseo dos Namorados. Asimesmo, os de Sober viaxarán ata Mondoñedo, onde percorrerán o barrio dos Muíños, o Museo Diocesano e a confitería Alianza.

Finalmente, o xoves, membros da Asociación de Sanxurxo de Cospeito optarán  pola ruta “Augas Santas”, en plena Ribeira Sacra, que inclúe unha visita ó balneario, ó pazo de Goián e ó mosteiro de Ferreira de Pantón, ademais dunha cata de augas mediciñais. Ese mesmo día, a Asociación Cultural Deportiva “Castelo Rato” decantarase por Ribadeo. Neste Concello, visitarán o Centro de Cultivos Mariños, o casco histórico e farán unha travesía marítima pola ría.

Exit mobile version