Site icon Crónica3.com A Mariña

Morre un dos persoaexes da cultura galega do século XX

Seguía coa máxima atención as súas colaboracións no xornal La Voz de Galicia ata a súa derradeira no mes de Xullo. O intelectual Galeguista Don Francisco Fernández Del Riego Vilanova de Louranza, (Lugo) 7 de Xaneiro 1913 Vigo 26 de Novembro 2010.
Avogado e escritor  Don Francisco era un home entregado o traballo e o idioma Galego, a cuxo estudo entregou toda a súa vida, ten comentado traballando nunca me aburro.  Del Riego diríxeo a Fundación Penzol desde 1963,  e aínda ai pouco que acudía o seu despacho diariamente.  A retranca estaba sempre presente nas súas conversas, ten comentado que non deixara de ler nin un so dia desde os 16 anos.
Fernández  Del  Riego era o supervivente  dunha xeración de intelectuais galeguistas . Os que traballamos antes xa non contamos para nada, a min a política decepcionoume moito no seu proceso eu era un idealista pragmático, pero hoxe a política é outra cousa que eu non entendo.
Impartiu clases na Universidade de Santiago, da cal foi apartado o comezo da guerra civil,o escritor, artífice da posta en marcha xunto con Ramón Piñeiro da editorial Galaxia, foi un dos fundadores do partido Socialista Galego,e posteriormente do partido Galeguista,diríxeo a Biblioteca da fundación Penzol ,ingresou na Real Academia Galega, e presidiuna  desde 1997 ata o 2001,impulsou a creación do dia das letras Galegas,foi membro do seminario de Estudos Galegos.
Entre as súas obras destacan: cos ollos do noso esprito, Galicia no espello,  Historia de la literatura Galega.
Tivo numerosos recoñecementos , a medalla Castelao o premio Trasalba, Otero Pedrallo, a medalla de Ouro da Universidade de Santiago, o premio das letras e das Artes de Galicia,Doutor honoris causa pola Universidade de Vigo.
Víctor Freixanes dixo del, foi unha das columnas da patria.Descanse en paz un home Galego ao que debemos eterna gratitude.

Francisco E Maya Seoane

Exit mobile version