Site icon Crónica3.com A Mariña

O acordo da declaración de Espacio Natural de Interese Local da zona xeolóxica de Castrelo e O Perdouro en Burela foi inútil, asegura o PP

NOTA DE PRENSA

O GMPP asegura que o acordo plenario sobre a zona xeolóxica do Perdouro “foi inútil e unha perda de tempo”.

Os populares aseguran que un informe de Costas dalle un pequeno tirón de orellas ó concello por este asunto.

Lembran que pediron que o tema quedara sobre da mesa para completar a documentación.

O Grupo Municipal do Partido Popular (GMPP) burelés asegurou hoxe que o acordo plenario adoptado na sesión ordinaria celebrada o pasado trinta de setembro relativo a declaración de Espacio Natural de Interese Local (ENIL) da zona xeolóxica de Castrelo e O Perdouro “foi un acordo absolutamente inútil, unha perda de tempo, e unha forma de ocupar un pleno cunha iniciativa certamente novedosa pero que ía ó pleno absolutamente coxa e sen ningún tipo de rigor, vivo exemplo do xeito que tén o alcalde de facer as cousas”.

O que pretendía o alcalde era que Costas iniciase os trámites a tal efecto, pero resulta que tal e como se lle dixo no pleno ó alcalde tén que ser o concello quen elabore a documentación, envialo a Costas para que o informe facendo constar a normativa á que se acolle e logo envialo á Xunta para a declaración da zona como ENIL, porque a competencia é da Xunta de Galicia, a través dun Decreto da Xunta presidida por Fraga Iribarne publicado en xuño de 2005. Pero Costas, ou sexa, a Secretaría General del Mar do Ministerio de Medio Ambiente enviou un escrito ó concello, rexistrado o día dous do presente mes co número 8.187, que di textualmente o seguinte:

“Con fecha 26 de Octubre de 2010, esta Dirección General ha emitido el siguiente informe:

‘El Ayuntamiento de Burela remite a esta Dirección General, a través del Servicio Provincial de Costas de Lugo, documentación relativa al expeciente arriba referenciado, que se compone únicamente del oficio de remisión del Ayuntamiento y del certificado de aprobación de la propuesta.

La documentación remitida tiene el objeto de iniciar los trámites oportunos pra la declaración de la Zona Geológica de Perdouro como Espacio Natural de Especial Interés Local.

El documento de ordenación del Espacio Natural que contenga la delimitación del mismo y la normativa que lo regule, deberá  recoger las determinaciones que dispone la Ley de Costas que le sean de aplicación. Dicho documento deberá  remitirse completo y diligenciado a esta Dirección General, a través del Servicio Provincial de Costas en Lugo, para la emisión del informe que disponen los artículos 112a) y 117 de la Ley de Costas”.

Polo tanto, a resposta de Costas non deixa en mui bón lugar ó concello burelés, porque a documentación que se envía é mínima, e porque hai que mandar o documento de ordenación no que conste a delimitación da zona a declarar como ENIL a Costas para a emisión de informe.

En definitiva, o PP tiña razón nos plantexamentos que fixo, pedindo que o asunto quedase sobre da mesa. O alcalde non fixo caso, tirou polo camiño do medio e tirou mal, como o demostra o propio escrito de Costas, que vén a ser un pequeno tirón de orellas e como decirnos que o alcalde non se entera de nada.

O PP presentará unha iniciativa no próximo pleno para que o concello elabore o documento que por normativa tén que elaborar para declarar a zona de Castrelo e a do Perdouro como Espacio Natural de Especial Interese Local, porque entendemos que é boa para Burela pero ó mesmo tempo as cousas hai que facelas ben para non quedar en ridículo.

Exit mobile version