Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Cervo felicitou a membros de Protección Civil que interviñeron nun incendio en Burela

Nota de prensa

O ALCALDE FELICITA A INTERVENCIÓN DOS MEMBROS DO SERVIZO MUNICIPAL DE PROTECCIÓN CIVIL NO INCENDIO DE ONTE EN BURELA

Cervo, 4 de novembro de 2010.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, expresou no día de hoxe a súa felicitación aos integrantes do servizo municipal de Protección Civil de Cervo pola súa labor despregada no día de onte no incendio dunha vivenda no veciño concello de Burela.

A intervención dos membros deste servizo municipal cervense foi decisiva para conseguir extinguir o lume da vivenda e evacuar ás dúas personas que se atopaban atrapados dentro dela. O rexedor cervense quixo recoñecer a profesionalidade de todos os membros de Protección Civil de Cervo. “Ao longo destes anos son múltiples as intervencións que tiveron que facer non só neste concello, se non tamén noutros municipios da nosa comarca e en todas estas labouras teñen destacado pola altísima profesionalidade do seu traballo” asegurou Villares.

Agradecemento dos afectados

O alcalde indicou tamén que os bureleses afectados polo incendio de onte se puxeran en contacto esta mañá co Concello para expresar o seu agradecemento polo operativo realizado por estes profesionais cervenses “e por iso me gustaría facer extensiva esta felicitación a tódolos veciños do concello de Cervo, porque entre todos nós, e a través das arcas municipais, asumimos o gasto que supón manter un servizo de alto nivel coma é do que dispoñemos no noso municipio” recalcou o alcalde.

Villares Bermúdez lembrou que o Concello asume os gastos da formación dos membros deste servizo, así coma os derivados da súa dotación de medios “e tamén, como non, os gastos das súas intervencións tanto dentro coma fora do noso municipio” incidíu. “Dende o Goberno local estamos seguros de que manter a altísima profesionalidade deste servizo redunda en beneficio de todos os nosos veciños. Por iso creemos que investir nel é unha aposta sobre seguro”.

Exit mobile version