Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Ribadeo cualifica de decepcionante a información sobre as obras da N-642 do goberno de España

sen indicar o ámbito, o inicio, o presuposto

Nota de prensa

SUÁREZ BARCIA CONSIDERA DECEPCIONANTE A RESPOSTA DADA POLO GOBERNO AO BNG SOBRE AS OBRAS E O ESTADO DO FIRME DA N-642 ENTRE RIBADEO E VEGADEO. O REXEDOR PÍDELLE SENTIDIÑO A FOMENTO.

Ribadeo, 25 de novembro de 2010. O alcalde, Fernando Suárez, considera decepcionante a resposta dada polo Goberno no Congreso ao BNG sobre as obras e o estado do firme da N-642 entre Ribadeo e Vegadeo.

Nese documento dise que “las zonas del tramo de la N-642 entre Vegadeo y Ribadeo donde el estado del firme es deficiente están siendo reparadas por la empresa encargada de la conservación integral de esta carretera, para que los usuarios de esta vía circulen en condiciones aceptables de seguridad vial”. E engade que “además, se está redactando el correspondiente proyecto para la rehabilitación del firme de este tramo de la N-642. Los plazos para el inicio y finalización de las obras dependerán de la tramitación final de este proyecto, que incluye su supervisión y aprobación, y se llevarán a cabo de acuerdo con las disponibilidades presupuestarias existentes”.

Suárez Barcia di que “esta resposta dada a un deputado do BNG no Congreso é decepcionante porque non responde a todas as preguntas que poden empezar por cándo, cánto, cómo… di de boas palabras que se vai facer un proxecto máis grande que esta actuación puntual que se está a facer nestes momentos, pero sen indicar o ámbito, o inicio, o presuposto, etc”. O rexedor de Ribadeo considera que “nos contestan como para sacarnos do medio. É absolutamente decepcionante porque o estado desta estrada non está mal só nese treito de actuación do que tantos algúns se gaban nos últimos tempos, hai moitas máis curvas e moitos máis treitos en mal estado non só en Ribadeo senón tamén en concellos cercanos a nós polos que discorre este vial. Aquí dánse todas as circunstancias para que se produzan accidentes de primeiro nivel”.

Fernando Suárez pídelle “sentidiño ao Ministerio de Fomento e que deixen de ter interlocutores locais que máis ven parecer ventrílocuos, pero realmente para nada están amañando o problema que temos con esta N-642”.

Exit mobile version