Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde pide colaboración da Cel e da Cámara para levar adiante o proxecto “Burela co seu comercio”

Nota de Prensa

ALFREDO LLANO DEMANDOU ESTA MAÑÁ COLABORACIÓN DA CEL E DA CÁMARA DE COMERCIO PARA LEVAR ADIANTE O PROXECTO BURELA CO SEU COMERCIO.

Burela, 2 de novembro de 2010. O alcalde, Alfredo Llano, demandou esta mañá colaboración da CEL e da Cámara de Comercio para levar adiante o proxecto Burela co seu comercio.

O rexedor contou que “hoxe contactei coa CEL e coa Cámara de Comercio aquí en Burela co propósito de divulgar o proxecto Burela co seu comercio que levará a cabo a Deputación de Lugo. Do que se trata é de impulsar e de axudar o máximo posible á pequena e mediana empresa, ao pequeno comercio. Vánse tratar temas de moito interés para eles como ventas, divulgación e análise de oportunidade de negocio, negociación con proveedores e con institucións financieiras, entorno xurídico laboral e fiscal… todo aquelo que dalgún xeito ten moito que ver con este sector”.

Llano engadiu que “CEL e Cámara están en disposición de colaborar neste proxecto. O curso terá unha duración de 250 horas e todos aqueles que se queiran apuntar poden facelo ata o 10 de novembro, hai 20 prazas que agardamos cubrir. Os interesados en obter máis información poden dirixirse ao 982 22 78 12”.

Exit mobile version