Site icon Crónica3.com A Mariña

O Arcebansa Zamora enfrontarse ao Burela FS noo Vista Alegre baixo a batuta do ex burelista Juanito

Nota de Prensa

O ARCEBANSA ZAMORA REGRESA A VISTA ALEGRE BAIXO A BATUTA DO EX-BURELISTA JUANITO

A bomboneira acollerá un dos encontros máis emocionantes da tempada, na undécima xornada de Prata. O Arcebansa Zamora regresa a Vista Alegre tras a súa fugaz incursión en Honra (2009-10), baixo a batuta do técnico ex-burelista Juanito. Sen dúbida, a rivalidade de tempo atrás entre ambas as escuadras volverá prender a mecha do espectáculo mañá a partir das 18.30 horas.
Dende a cuarta posición (21 puntos), o Burela FS facerá valer a súa fortaleza como local ante un rival que comezou 2010-11 como un dos favoritos da categoría e ao que aínda lle queda moito por ensinar. Os castelano-leoneses chegarán moi motivados despois de ver escapar os puntos ante Puertollano (0-2) e Navarra (0-2). Estes dous últimos resultados, en contra, enviáronos ata a undécima praza (13 puntos); necesitan recuperar a boa senda para recolocarse entre os privilexiados.

A de Juanito non será a única cara coñecida da escuadra visitante para os mariñáns. Tamén volverán pisar a bomboneira os ex-burelistas Juampe (Azkar Lugo) e Dani Rodríguez (Bujalance), que, xunto con Diego Palomo (Valverde), Saúl Marrupe (Marfil), Lolo Jarque (Bujalance) e Jonatan (Xota) ou os canteiráns Oli e Daniel Colino, protagonizan a renovación do Arcebansa no seu regreso a Prata.

Segundo o expresado dende o club zamorano, Arrivi e Jonatan poden ser as dúbidas, por una lesión de pulso e unha escordadura respectivamente. No banco laranxa, a única ausencia será Víctor Cachón, que hoxe xa puido compartir sesión co grupo e a próxima semana poderá tomar contacto co balón.

Xornada 12ª. Con só dous días de recuperación, en Cidade Real agárdalle ao Burela FS unha das citas máis difíciles da tempada. Tras o infortunio de play off 2009-10, o cadro laranxa volverá ao Antonio Rivilla para medirse en duelo directo ao Puertollano FS o martes 9 (20.30 horas), rival que tamén chegará ao encontro coas forzas resentidas, tras a pelexa ante o Ribera Navarra.

Exit mobile version