Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Cervo valora como pobres os orzamentos da Xunta para o concello

Nota de prensa:
O BNG de cervo valorou como pobres os orzamentos da Xunta de Galiza para 2011 xa que non contemplan actuacións de relevancia para executar no 2011

As únicas actuacións novidosas son o pavillón do CEIP nº1 e unha parte da construción dunha goleta

Nada para vivenda de promoción pública, nada para unha nova gardería, nada para dragar o encoro de Rúa e nada para o Castro da Atalaia

Cervo, 06 de novembro de 2010. O BNG criticou a ausencia de investimentos novidosos nos orzamentos da Xunta para 2011 no que respecta ao concello de Cervo. Ao marxe de dúas actuacións concretas, unha no pavillón do CEIP nº 1 e outra cunha parte do financiamento para construción dunha goleta non existe ningunha actuación que de resposta as necesidades da sociedade e incluso a compromisos electorais do PP co noso concello. Os nacionalistas botan en falta actuacións en materia de vivenda de promoción pública, una gardería con dotacións e servizo de calidade, o dragado do encoro de Rúa que desaparece do proxecto ou incluso actuacións no Castro da Atalaia para lograr a súa recuperación e consolidación.

Cero euros en VPP, cero euros para a gardería, cero euros para dragar a presa de Rúa e cero euros para o Castro da Atalaia.

O BNG bota en falta nos orzamentos 2011 da Xunta actuacións que eran compromisos electorais do PP, en concreto a construción de vivenda de promoción pública, que nin aparece ningunha cantidade prevista nos orzamentos para cervo, mais tampouco para ningún outro concello da comarca “a pesar dos continuados anuncios do PP durante os últimos anos”. En relación á gardería “no canto de aproveitar as instalacións da antiga escola de infantil do Rivera Casas para convertela en gardería, o goberno local utiliza o mazo e dedícase a abrir preitos por locais na Casa do Mar que non son o lugar mais axeitado para ese uso”, “en Cervo temos mais que un goberno, unha brigada de demolición dedicada a abrir conflitos estériles sen ningún resultado positivo para a cidadanía”, sinalou o responsábel local nacionalista, Luís Bernardo Insua.

Para Insua non e de recibo que das actuacións mais relevantes da Xunta do PP para o próximo ano so se vexa a brigada de demolición que actúa no que foi o Colexio Rivera Casás que con pouco criterio económico e social destruíu o que podería ser unha escola infantil para dar servizos cos que hoxe non contamos mentres os veciños de Cervo buscan prazas nos concellos veciños. Na mesma liña puxo de relevo a falta de investimentos en materia de vivenda social, “o PP cansouse de demandar vivendas sociais ao anterior goberno bipartito e agora que e o seu turno estas brillan por ausentes”.

Non dragar a presa de Rúa e xogar coa saúde dos veciños e facerlles pagar do seu peto as consecuencias.

Bernardo Insua cualificou de “traizón aos veciños de Cervo” que o actual goberno galego se negue agora a financiar o dragado do encoro de Rúa que estaba comprometido como parte do proxecto de abastecemento de auga a Cervo e Burela como compensación pola segregación de Burela, “pero moito mais grave e que o alcalde tente ocultalo sabendo que isto ten consecuencias non só na calidade da auga senón tamén no seu prezo”. Para Bernardo Insua esta actuación é ineludíbel e debe incluírse nos orzamentos 2011, “non vai haber aforro algún, como sinala o alcalde, senón todo o contrario mentres en Rúa a presa siga saturada de lodos e para evitar beber lama teñamos que bombear dende Río Covo”, rematou Bernardo Insua.

Exit mobile version