Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG esixe a Portos de Galicia que recupere de inmediato as infraestruturas danadas polo temporal

Nota de prensa

Os danos por vagas de temporal en San Cibrao son reiterados e as administracións deben tomar medidas de inmediato

O BNG esixe a Portos de Galicia que recupere de inmediato as infraestruturas danadas e estude medidas de protección que eviten na medida do posíbel estas situacións

O BNG de Cervo fixo una primeira valoración dos cuantiosos danos producidos en San Cibrao na madrugada pasada onde o forte temporal de mar e vento provocou cuantiosos danos non só na superficie portuaria en instalacións que portos de Galicia ten na localidade e outras que ten concesionadas para uso de mariñeiros, mais tamén en bens privados.
Os nacionalistas denuncian que situacións como as producidas na pasada madrugada, “xa son reiterativas con maior ou menor gravidade”, sen que se tomen medidas de fondo que eviten na medida do posíbel que estas se volvan producir. Neste sentido esixen a Portos de Galicia que estude solucións definitivas e consigne partidas económicas nos orzamentos da Xunta de 2011 para a súa execución inmediata. O caso de San Cibrao xa non e unha cuestión de danos puntuais a pe de costa e na superficie portuaria, que son moi importantes, senón tamén de protección civil, xa que os efectos déixanse sentir en boa parte da localidade.
Portos de Galicia debe repoñer de inmediato as instalacións portuarias danadas, “a totalidade das casetas de mariñeiros están destruídas”, e todas aquelas infraestruturas e materiais que estaban a pe de porto deben ser repostas.
Para os nacionalistas débese ter claro que “non se lle poden poñer cancelas ao mar, mais si levar adiante actuacións que sendo respectuosas co medio ambiente, eviten que situacións como a sufrida na pasada madrugada en San Cibrao e outras que xa se sucederon no pasado  volvan repetirse.

Exit mobile version