Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG pide explicacións ao alcalde de Barreiros sobre o destino de 2 millóns de euros do ano 2006

Nota de prensa:

O BNG PÍDELLE AO ALCALDE QUE ENVÍE AO TRIBUNAL DE CUENTAS AS CONTAS DOS EXERCIZOS DE 2006, 2007 E 2008 QUE LLE FORON REQUERIDAS EN MAIO E O PASADO 2 DE NOVEMBRO. VEIGA QUERE QUE FUENTE PARGA EXPLIQUE O DESTINO QUE TIVERON OS 2 MILLÓNS DE EUROS DE REMANENTES DE TESOURERÍA QUE HABÍA A FINAIS DE 2006.
Barreiros, 18 de novembro de 2010. O BNG de Barreiros pídelle ao alcalde que envíe ao Tribunal de Cuentas as contas dos exercizos de 2006, 2007 e 2008 que lle foron requeridas en maio e o pasado 2 de novembro. O portavoz nacionalista no Concello quere que o alcalde explique o destino que tiveron os dous millóns de euros de remanentes de Tesourería que había a finais de 2006.
Antonio Veiga dixo que “o Tribunal de Cuentas requírelle ao Concello de Barreiros que rinda as contas correspondentes aos exercicios 2006, 2007 e 2008 debidamente aprobadas. Xa lle foi requerido en maio e volveullo requerir o pasado 2 de novembro. Isto é unha proba máis do descontrol e do caos total que hai a nivel contable no Concello. Desde logo que hai, obviamente, responsabilidades políticas sobre esto. Tanto o alcalde como o concelleiro que leva economía e facenda terán que responder”.
O voceiro nacionalista explicou que “nos presenta para o pleno de hoxe a aprobación da conta do ano 2006 sin reunir previamente á Comisión de Contas, que é preceptivo que se reúna 15 días antes e con toda a información preceptiva, pero non se fai. Algo pretenderá agochar a alcaldía”. Aos representantes do BNG resúltalles curioso e sinalan que “esta conta do 2006 é a do ano que o Concello de Barreiros tivo o seu presuposto máis alto da historia, de 4.120.000 euros. Pero tamén foi un ano onde se gastou con total descontrol, foi un ano que desde Secretaría e Intervención se fixeron moitísimos reparos e tamén estes orzamentos do 2006 foran impugnados polo noso grupo municipal, do Bloque Nacionalista Galego, así como presentadas diversas alegacións para modificalos, que obviamente non se tiveron en conta”.
Veiga Outeiro engade que “tamén é o ano no que houbo máis de 2 millóns de euros de remanentes de Tesourería, que non se sabe moi ben como se foron diluindo nos anos seguintes para chegar, tal como vimos nas liquidacións de 2008 e 2009, a exercizos negativos. É totalmente increíble, creo que non hai ningún veciño que o poida entender. Na mente de moitos barreirenses está qué se fixo con perto de 2 millóns de euros recadados en concepto de licencias. Ese superávit a día de hoxe o Partido Popular aínda non nos explicou o que fixo con el, por iso é moi importante que llo explique ao Tribunal de Cuentas, aparte de ter que explicarllo a todos os veciños de Barreiros, que somos os que estamos sufrindo esta incompetencia e este desastre na organización política e administrativa do Concello, do cal é responsable Alfonso Fuente Parga, porque curiosamente cando empezaron os follóns en Barreiros coincide coa chegada de Alfonso Fuente Parga á Alcaldía”.
O portavoz do BNG pídelle ao alcalde que “o Concello de Barreiros remita esa información ao Tribunal de Cuentas, que será o que decidirá. Nós, así como os veciños de Barreiros pedirémoslle doutro xeito ese tipo de explicacións, porque ten que dalas. ¿Qué se fixo cos cartos de todos eses anos, na época de bonanza económica, para que agora teñamos que afrontar ano tras ano uns resultados negativos nas contas de Barreiros? Polo que vemos hai que ir a un plan económico de axuste para o ano que ven. Este tipo de política non é de recibo”.

Exit mobile version